Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 8 DE XUÑO DE 2021

N.º 128

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 25 de maio de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga exp. 2020/15 AT
Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico BOE núm. 310, do 27 de decembro e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, BOE núm. 310, do 27 de decembro polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: Liña SEQ806 Quiroga 6 substitución apoio C7B9QS5S28

Domicilio social: Avda San Luis, 77, 28033 Madrid Características técnicas principais:

Liña aérea de media tensión a 20kV, con orixe no apoio de formigón existente nº 27 da LMT SEQ806 e final no apoio nº 28 proxectado tipo C-16/1000, o cal substitúe ao existente, cunha lonxitude de 78 metros en condutor tipo LA-56.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa BOE núm.
351, de 17 de decembro A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Rolda da Muralla 70 referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas artigo 161 do Real decreto 1955/2000 e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles a contar dende o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa BOE núm. 160 do 27 de xuño Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, BOE núm. 236, do 2 de outubro cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 25 de maio de 2021.- O xefe territorial, Gustavo José Casasola de Cabo.
R. 1648

Anuncio publicado en: Num BOP 128 año 2021 08/06/2021
07/06/2021 08:00:00
13:51:58

Solicitante: UFD Distribución Electricidad S.A.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date08/06/2021

Page count50

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones