Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/08/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 31 DE AGOSTO DE 2020

N.º 199

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE DEPORTES ARTESANÍA E DESEÑO E MEMORIA HISTÓRICA
Anuncio A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o día vinte e un de agosto de dous mil vinte, acordou a aprobación das bases da convocatoria que rexerán no procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo, ano 2020.
SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE LUGO EN CONCORRENCIA
COMPETITIVA, ANO 2020.
O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións
Así mesmo, as bases da convocatoria para a concesión de subvencións destinadas a entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, ano 2020, e os modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados/as na web da Deputación de Lugo no seguinte enlace:
http www.deputacionlugo.gal/temas/deportes/home A correspondente publicación do extracto da convocatoria realizarase no BOP de Lugo.
Primeiro.- Beneficiarios:
Poderán solicitar subvencións ao abeiro desta convocatoria as entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo enténdase con sede e /ou delegación na provincia, legalmente constituídas e adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro, que os destinatarios formen parte do conxunto demográfico lucense e sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto destas bases dentro do marco de cada liña e de acordo coas condicións establecidas na presente convocatoria en cada unha das distintas liñas de axudas.

o Poderán solicitar axudas para as accións ou actividades ás que fai referencia o punto A das finalidades actividade competitiva todos aquelas entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo enténdase con sede na provincia de Lugo cuxa actividade sexa a participación en competicións organizadas polas federacións deportivas oficiais das disciplinas deportivas recoñecidas oficialmente polo Consello Superior de Deportes de acordo coa listaxe da súa páxina web no momento de aprobación destas bases e que se relaciona no ANEXO A destas bases, que estean inscritas na correspondente competición oficial, desenvolvan a actividade competitiva e deportiva e cuxa finalidade é promover os valores do deporte dende a base.

o Poderán solicitar axudas para as accións ou actividades que fai referencia o punto B das finalidades organización de evento deportivo todos aquelas entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo con sede e/ou delegación na provincia que desenvolvan eventos deportivos de CARÁCTER PUNTUAL duración entre 1 e 80 na provincia de Lugo das disciplinas e especialidades deportivas recoñecidas oficialmente polo Consello Superior de Deportes de acordo coa listaxe da súa páxina web no momento de aprobación destas bases e que se relaciona no ANEXO A destas bases con especial incidencia no deporte saudable, no deporte feminino e no deporte adaptado, e especialmente ao abeiro de competicións oficiais organizadas pola Federación oficial respectiva e da súa normativa. O evento para o que se solicite a axuda cinguirase unicamente a un 1 único evento de carácter puntual.
Segundo. Obxecto:
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades e clubs deportivos, da provincia de Lugo enténdase con sede e/ou delegación na provincia co obxectivo de fomentar o deporte de base e o desenvolvemento da actividade deportiva de carácter competitivo na anualidade de 2020. En consecuencia, quedan excluídas da presente convocatoria as sociedades anónimas deportivas.
A. Liña de axudas á actividade competitiva federada
Anuncio publicado en: Num BOP 199 año 2020 31/08/2020
28/08/2020 08:00:00
11:59:57

https www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/ge/es/convocatorias

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/08/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date31/08/2020

Page count19

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones