Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 17 DE AGOSTO DE 2020

N.º 187

CONCELLOS
BEGONTE
Anuncio Elevado a definitivo o acordo provisional do Pleno desta Corporación Municipal, de data 16 de xuño de 2020, de aprobación da Ordenanza Municipal Reguladora do Prezo Público pola prestación do servizo de madrugadores, en cumprimento do disposto no art. 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, faise público o texto íntegro da mesma.
Contra o referido acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse no prazo de 2 meses, a contar desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, o recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos establecidos na normativa reguladora da devandita xurisdicción.
ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE
MADRUGADORES.

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos os dous do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de madrugadores no municipio.
Artigo 2.- FEITO IMPOÑIBLE
O feito impoñible está constituido pola prestación do servizo municipal de madrugadores, dirixido aos escolares do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte, durante o periodo coincidente co curso escolar e en horario previo ao inicio das clases.
Artigo 3.-OBRIGADOS AO PAGO.Están obrigados ao pago deste prezo público os pais ou no seu caso o titor ou representante legal dos nenos aos que se presta o servizo de madrugadores.
Artigo 4.- OBRIGA DE PAGAR.
A obriga de pagar o prezo público regulado nesta ordenanza nace desde a data en que o neno cause alta no servizo de madrugadores.
O pago do prezo público, que se fixa no artigo 6º desta ordenanza da dereito a recibir con cargo ao Concello, a correspondente prestación de conformidade coas ordenanzas, regulamentos ou acordos xerais de xestión do devandito servizo.
Artigo 5.- NORMAS DE XESTIÓN.O pago do prezo público realizarase dentro dos dez primeiros días de cada mes mediante domiciliación bancaria ou ingreso na conta bancaria do Concello de Begonte designada aos efectos. O abono das cantidades corespondentes a días soltos farase mensualmente a mes vencido, mediante o sistema de recibo con domiciliación bancaria.
A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, dará lugar á perda do dereito de utilización do servizo.
Cando se produzan faltas de asistencia ou ausencias, as mesmas non xerarán descontos ou deducións da cota mensual. No suposto de que por causas non imputables ao interesado, o servizo non se preste ou non se desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente A renuncia á participación, unha vez iniciada a actividade, non dará dereito á devolución do prezo público abonado.
As débedas polo prezo público regulado na presente Ordenanza poderán esixirse polo procemento administrativo de constrinximento e de conformidade coa normativa de recadación aplicable.

Anuncio publicado en: Num BOP 187 año 2020 17/08/2020
14/08/2020 08:00:00
12:07:46

Artigo 1.- CONCEPTO.-

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date17/08/2020

Page count28

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones