Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/08/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 20 DE AGOSTO DE 2020

N.º 190

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
O Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Lugo solicita de Augas de Galicia un caudal de 245 m3/ano de augas procedente dun manancial no lugar de Monte do Castelo, na parroquia de Santa María de Burela, no Concello de Burela Lugo, con destino a uso de depósito para loita contra incendios. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 109 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.A27.67297.
As características do aproveitamento son:

VOLUME MÁXIMO ANUAL: 245 m CAUDAL MEDIO: 0,15 l/s CAUDAL INSTANTÁNEO: 0,45 l/s DESTINO: depósito para loita contra incendios ORIXE: manancial LUGAR: Monte do Castelo PARROQUIA: Santa María de Burela CONCELLO: Burela Descrición:
A auga extráese dun manancial subterráneo mediante 2 captacións executadas como leitos de grava que están situadas nos puntos con coordenadas ETRS89: X=631.398, Y: 4.834.002 e X=631.372, Y: 4.834.015. As augas reúnense nunha arqueta común da que se conducen a través dunha tubaria de PE de 63 mm de diámetro ata un depósito prefabricado poligonal de formigón armado de 245 m3 de capacidade que se sitúa no predio con referencia catastral 27068A06100460000ER; no lugar do Monte do Castelo, na parroquia de Santa María de Burela, no concello de Burela Lugo.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días naturais a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Burela ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 12 de agosto de 2020.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 1848

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Manuel Otero Salvatierra solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.69513

Anuncio publicado en: Num BOP 190 año 2020 20/08/2020
19/08/2020 08:00:00
12:31:02

SOLICITANTE: Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Lugo

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/08/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date20/08/2020

Page count24

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones