Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 28 DE XUÑO DE 2019

N.º 147

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE TURISMO E CULTURA
Anuncio Na Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Lugo de data 21 de xuño de 2019, acordouse aprobar e publicar no B.O.P de Lugo as bases reguladoras da convocatoria do Premio Otero Pedrayo 2019. Para cumprir o devandito acordo, publícase o texto íntegro das mesmas:
CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PREMIO OTERO PEDRAYO 2019
1.- Convocatoria.-

1.2.- Esta convocatoria corresponde ao ano 2019, de acordo co disposto no regulamento, en que se establece o seu ámbito e o seu carácter anual; convócase cada ano por unha das deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, por esta mesma orde. Nesta anualidade 2019, correspóndelle a súa convocatoria á Deputación de Lugo.
1.3.- Atendendo ás razóns expostas, a convocatoria e concesión do premio, na edición de 2019, atribúeselle á Deputación Provincial de Lugo, que consigna na partida 3340/48900 do seu Orzamento de gastos o importe do premio e os gastos correspondentes á súa organización, e no de ingresos, as sumas que deberán achegar as demais deputacións de Galicia, cotitulares do premio, cunha contía de 2.000,00 € cada unha delas e a Xunta de Galicia, cunha achega de 8.000,00 €.
2.- Obxecto do premio.O premio Otero Pedrayo ten por obxecto:
2.1.- Perpetuar e honrar a memoria da persoa egrexia no campo das letras e do coñecemento.
2.2.- Premiar un labor que constitúa unha contribución eminente á cultura galega.
2.3.- Promocionar os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.
3.- Candidaturas.3.1.- Poderán optar ao premio:
As persoas naturais nacidas ou residentes en Galicia ou con cumprida raizame nela.
Os grupos de traballo radicados en Galicia ou constituídos para promover os valores da cultura galega.
As personalidades ou institucións que se caractericen pola difusión e polo mantemento da cultura galega.
3.2.- A opción ao premio determinarase por medio dunha candidatura, que poderá ser feita:
Por calquera persoa física ou xurídica das sinaladas no apartado 3.1, respecto de si mesmas.
Polas entidades académicas e culturais galegas, respecto dos seus membros.
Por calquera das deputacións provinciais de Galicia, a proposta das respectivas comisións de Cultura.
Pola Xunta de Galicia, oída a Consellería correspondente.
Polo mesmo xurado, xa constituído.
4.- Tramitación.4.1.- A presentación de candidaturas ao premio será formulada nun escrito dirixido á Presidencia da Deputación Provincial de Lugo, achegando os seguintes documentos:
Recensión biográfica da persoa ou agrupación que aspira ao premio.

Anuncio publicado en: Num BOP 147 año 2019 27/06/2019 12:13:29
28/06/2019 08:00:00

1.1.- Convócase o premio Otero Pedrayo 2019, dotado con dezaseis mil euros 16.000,00 €, atendendo ás disposicións do regulamento correspondente.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date28/06/2019

Page count24

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones