Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/06/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 26 DE XUÑO DE 2019

N.º 145

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
Anuncio PUBLICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 21 DE XUÑO DE 2019 POLO QUE SE RESOLVE
O PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA O ACCESO A CINCO PRAZAS DE ADMINISTRATIVO DO CADRO DE
PERSOAL FUNCIONARIO DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, RESERVADAS A PROMOCIÓN INTERNA
VERTICAL.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 21 de xuño de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Celebrado o procedemento selectivo para prover cinco prazas de Administrativo, do cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Lugo, reservadas a promoción interna vertical, correspondentes á Oferta de Emprego Público para os anos 2014 e 2015, cuxa convocatoria, bases xerais e específicas, se publicaron no BOP número 281 de 9 de decembro de 2016 e no BOP 115, de 22 de maio de 2017; vista a proposta do Tribunal Cualificador, visto que os aspirantes propostos acreditan a documentación á que se refire o punto 11.1 das bases xerais que rexen a convocatoria, cumprindo polo tanto os requisitos esixidos no artigo 56
da Lei 7/2007, de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público; esta Presidencia, en representación do Tribunal Cualificador e de acordo co punto 12.1 das mencionadas bases xerais, proponlle á Xunta de Goberno resolver o procedemento selectivo nomeando a:
Dona Inmaculada Lovelle Varela para ocupar a praza de Administrativo número 42 da escala de administración xeral, subescala administrativa, Grupo C, subgrupo C1, artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público, EBEP do cadro de persoal funcionario, correspondente á Oferta de Emprego 2015, reservada a promoción interna.
Don Manuel Amable Trabado Trabado para ocupar a praza de Administrativo número 493 da escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, Grupo C, subgrupo C1, artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público, EBEP do cadro de persoal funcionario, correspondente á Oferta de Emprego 2015, reservada a promoción interna.
Don Carlos Ramón Ouro Núñez para ocupar a praza de Administrativo número 831 da escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, Grupo C, subgrupo C1, artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público, EBEP do cadro de persoal funcionario, correspondente á Oferta de Emprego 2014, reservada a promoción interna.
Don Alejandro López Vázquez para ocupar a praza de Administrativo número I146 da escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, Grupo C, subgrupo C1, artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público, EBEP do cadro de persoal funcionario, correspondente á Oferta de Emprego 2014, reservada a promoción interna.
Dona Ana Pereira Marzán para ocupar a praza de Administrativo número I147 da escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, Grupo C, subgrupo C1, artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público, EBEP do cadro de persoal funcionario, correspondente á Oferta de Emprego 2014, reservada a promoción interna.
A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes, acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.
O que se da publicidade en cumprimento do art. 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, coa indicación de que o presente acordo pon fin a vía administrativa polo que contra este cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente.

Anuncio publicado en: Num BOP 145 año 2019 25/06/2019 13:19:39
26/06/2019 08:00:00

Logo de ver a proposta de Deputado Delegado de Goberno Interior, Asuntos Xerais e Formación do seguinte teor:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/06/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date26/06/2019

Page count6

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones