Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/06/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019

N.º 138

CONCELLOS
COSPEITO
Anuncio Mediante Resolución de7 de xuño de 2019 o Sr Alcalde acordou, de conformidade co establecido nos artigos 43, e 44.1 e 2 e 47.2 do ROF:
PRIMEIRO.- Procederase á apertura e valoración de ofertas económicas e demáis criterios evaluables de forma automática en función dos criterios aplicables no presente contrato expte. 472/2019, de acordo co establecido na cláusula 15.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, o próximo luns día 10 de xuño de 2019 ás 11:00 horas no Salón de sesión da Casa Consistorial sita en Avda. Terra Chá, 29, Feira do Monte Cospeito.
SEGUNDO.- Delegar en D. Álvaro Puente Seijas, concelleiro de Obras e infraestructuras xerais, a competencia das funcións da Alcaldía aos efectos da celebración da mesa de contratación que se deberá constituir para o acto de apertura e valoración das ofertas o día antes indicado.

R. 1698

MONTERROSO
Anuncio DECRETO DE ALCALDÍA 11/06/19
Considerando que corresponde aos Tenentes de Alcalde, en canto tales, substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións do Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
Considerando que o Sr.
Alcalde atoparase ausente do Municipio durante 5
días.
Por todo iso, en virtude do disposto nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de acordo cos artigos 44 e 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, RESOLVO
PRIMEIRO. Delegar en D. Marcelino Vázquez García, Primeiro Tenente de Alcalde en funcións, a totalidade das funcións da Alcaldía, nos termos do artigo 23.3 Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, durante 5 días, do 1 ao 5 de xullo de 2019.
SEGUNDO. A delegación comprende as facultades de dirección e de xestión, así como a de resolver os procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de actos administrativos que afecten a terceiros.
TERCEIRO. O órgano delegado ha de informar a esta Alcaldía, a posteriori, e, en todo caso, cando se lle requira para iso, da xestión realizada e das disposicións ditadas no período de referencia, e con carácter previo daquelas decisións de transcendencia, tal e como se prevé na o artigo 115 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
CUARTO. A delegación conferida no presente Decreto requirirá para a súa eficacia a aceptación do órgano delegado, entendéndose esta outorgada tacitamente se non se formula ante esta Alcaldía expresa manifestación de non aceptación da delegación no termo de tres días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que lle sexa notificada esta resolución.
QUINTO. A presente resolución será publicada no Boletín Oficial da Provincia, dándose conta do seu contido ao Pleno da Corporación na primeira sesión que esta celebre.

Anuncio publicado en: Num BOP 138 año 2019 17/06/2019 14:22:30
18/06/2019 08:00:00

Cospeito, 10 de xuño de 2019.- O Alcalde, Armando Castosa Alvariño.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/06/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date18/06/2019

Page count5

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones