Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/07/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 154 martes, 7 de xullo de 2020

BOP Lugo
para poder celebrarse esta sesión requirirá da presenza, como mínimo, da Presidencia, da Secretaría e dun terzo dos restantes vogais.
3. O Consello poderá acordar a celebración de tantas sesións extraordinarias como sexan necesarias ata acadar un acordo que será o resultado dos votos emitidos polos membros do Consello Provincial de Turismo. Dito acordo será adoptado por maioría simple, decidindo o voto de calidade da Presidencia en caso de empate. O
resultado das deliberacións será recollido nunha acta.
4. En cada modalidade, o Consello poderá propoñer conceder anualmente un máximo tres premios, podendo entregarse como máximo seis premios ao ano.
5. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo será o órgano competente para a resolución da convocatoria dos premios e adoptará o acordo correspondente para a súa concesión previa proposta que será elevada pola Deputada Delegada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo en base ao informe do Servizo de Turismo e o acordo do Consello Provincial de Turismo recollido na correspondente acta.
6. O acordo de concesión dos premios pola Xunta de Goberno será adoptado nun prazo máximo de un mes e medio a contar dende o día seguinte á finalización do prazo de presentación das candidaturas. Dito acordo seralles notificado ás persoas galardoadas no prazo de dez días a contar dende o día seguinte á súa aprobación pola Xunta de Goberno e será publicado no Boletín Oficial da Provincia. Contra o dito acordo, que esgota a vía administrativa, poderanse interpoñer os recursos pertinentes de acordo coa lexislación vixente.
Sétima: Instrución do procedemento A tramitación do procedemento de concesión dos Premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense corresponderalle ao Servizo de Turismo da Deputación de Lugo, resultando de aplicación a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ao persoal membro do Consello Provincial de Turismo seranlle de aplicación as causas de abstención reguladas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público para a deliberación e votación sobre as candidaturas aos premios provinciais obxecto destas bases. Igualmente, o persoal membro do Consello Provincial de Turismo deberá absterse de valorar e votar aquelas candidaturas presentadas polos propios colectivos que representan, no seu caso, ausentándose das sesións nas que se leven a cabo ditas votacións.
Novena: Requisitos das persoas candidatas As persoas físicas ou xurídicas candidatas aos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense deberán cumprir cos seguintes requisitos que deberán acreditar mediante declaración responsable asinada pola persoa aspirante ou representante da entidade que corresponda nos casos nos que sexa pertinente ou aplicable.
a. No caso de persoas físicas, ser maior de idade.
b. Ter o seu domicilio na provincia de Lugo ou realizar ou ter realizado parte da súa actividade pola que se propón como aspirante en dito ámbito xeográfico.
c. Estar ao corrente no cumprimento coas obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes e non ter débedas coa Deputación Provincial de Lugo.
d. Estar ao corrente coas obrigas en materia de prevención de riscos laborais no caso de persoas xurídicas e co correspondente aboamento de salarios.
e. Estar ao corrente coas obrigas impostas pola normativa en materia de subvencións, no seu caso.
f. Non ter sido sancionado ou sancionada con carácter firme en materia turística por parte de ningún organismo público por infraccións graves, no prazo dos cinco anos anteriores á candidatura, ou moi grave no prazo dos dez anos anteriores.
g. Non ter sido condenado ou condenada por sentenza firme por ningún feito delituoso.
h. Autorizar á Deputación de Lugo a difusión dos datos das persoas, empresas, colectivos, institucións ou outras entidades galardoadas por calquera medio e dos motivos polos que lles foron concedidos os premios.
De cumprir cos requisitos anteriormente expostos, será responsable en exclusiva a persoa candidata ou quen ostente a representación da institución, empresa, colectivo ou outra entidade en cuxo nome se presenta a candidatura.
A presentación de candidatura aos premios provinciais Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense implica a aceptación directa destas bases, así como do premio, no caso de resultar ganador ou ganadora.

Anuncio publicado en: Num BOP 154 año 2020 07/07/2020
06/07/2020 08:00:00
12:31:38

Oitava: Causas de abstención

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/07/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha07/07/2020

Nro. de páginas19

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones