Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/07/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 1 DE XULLO DE 2020

N.º 149

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE ECONOMÍA, RECADACIÓN E FACENDA. SERVIZO DE XESTIÓN, RECADACIÓN E
INSPECCIÓN TRIBUTARIA
Anuncio EDICTO
NOTIFICACION COLECTIVA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA DOS CONCELLOS DE
BURELA e FOZ // exercicio de 2020.

Os Padróns poderán ser consultados polos interesados na Deputación Provincial de Lugo/ Servizo de Xestión Tributaria e Recadación rúa Tui, nº 5-baixo 27004- Lugo e no Concello correspondente, durante o prazo de QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As liquidacións obxecto de notificación colectiva teñen carácter provisional segundo o disposto no art. 101.4 da Lei Xeral Tributaria e, en contra destas, poderase interpoñer recurso de reposición perante a Presidencia, no prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte da finalización do prazo de exposición. Poderase exercitar, non obstante, calquera outro recurso que se considere procedente. Todo iso, en virtude co establecido no art. 14.2
do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
Lugo, 5 de xuño de 2020.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019, A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 1138

Anuncio ANUNCIO DE COBRANZA
-PRIMEIRO PRAZO DE ADEUDOS-DOMICILIACIÓN DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA:
CONCELLOS DE BURELA E FOZ exercicio de 2020.
De conformidade co establecido no artigo 24 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, e as ordenanzas e cas indicacións dos respectivos concellos comunicase, que, no período comprendido entre o 1 ao 7 de xullo de 2020 serán cargados nas contas bancarias dos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza Urbana, dos Concellos citados, o primeiro prazo que se corresponde co 50 % do total do recibo posto ao cobro, naqueles casos que cumpren cos requisitos establecidos.
A devolución deste primeiro cargo por parte de entidade financieira e, por causa non imputable a administración, implicará que o suxeito pasivo queda obrigado ao pagamento da totalidade do recibo antes de que remate o período voluntario de pagamento que se determine, quedando anulado o adeudo bancario a partir dese momento e demais beneficios relacionados.
Lugo, 5 de xuño de 2020.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019, A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 1139

Anuncio publicado en: Num BOP 149 año 2020 01/07/2020
30/06/2020 08:00:00
10:52:56

De conformidade co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro, notifícase colectivamente a liquidación dos Padróns do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana, correspondentes ao exercicio de 2020, dos concellos de BURELA e FOZ que delegaron competencias en materia de xestión tributaria e recaudatoria de conformidade co disposto no vixente artigo 7 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004 do 5 de marzo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/07/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha01/07/2020

Nro. de páginas18

Nro. de ediciones3279

Primera edición01/03/2013

Ultima edición17/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones