Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/07/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 154 martes, 7 de xullo de 2020

BOP Lugo
Quinta: Modalidades A teor das accións recollidas na Liña Estratéxica 2 e, concretamente no marco das actuacións 2.1 e 2.4
establecidas no Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020, recoñécense dúas modalidades nas que poderán presentarse candidaturas aos premios obxecto destas bases:
MODALIDADE A: Premios LUGO CAMBIA ao turismo lucense Esta modalidade recoñecerá:
- A dedicación e traxectoria profesional exemplar de profesionais, colectivos, institucións ou empresas turísticas.
- O desenvolvemento de accións innovadoras en materia de creación de produtos turísticos singulares, novos ou de éxito.
- O desenvolvemento de accións de promoción innovadoras.
O traballo en prol da calidade turística - A creación ou posta a disposición de ferramentas TIC que repercutan positivamente na experiencia das persoas visitantes e/ou na xestión das empresas turísticas.
- O desenvolvemento de iniciativas ligadas ao turismo sostible ou responsable.
- O desenvolvemento de actuacións que contribúan á accesibilidade, física e/ou intelectual, aos recursos e/ou servizos turísticos da provincia de Lugo.
- Accións en materia de recuperación de bens do patrimonio cultural ou natural e accións de embelecemento da paisaxe ou do medio rural ou urbano que teñan repercusión no desenvolvemento turístico do territorio.

O labor que desenvolvan persoas físicas en calidade de embaixadoras da provincia de Lugo.
MODALIDADE B: Premios E PARA COMER, LUGO á gastronomía lucense Esta modalidade recoñecerá:
- O labor impulsado por asociacións produtoras, empresas de restauración, consellos reguladores ou outras entidades para a promoción dos produtos autóctonos lucenses.
- Os traballos de investigación ou publicacións científicas ou xornalísticas, en medios escritos ou dixitais, baseados na divulgación dos produtos locais, na recuperación de receitas, usos ou costumes tradicionais ligados á gastronomía lucense e na proposta de accións que exploren novas fórmulas para a combinación de tradición e vangarda na preparación dos produtos gastronómicos autóctonos. Os datos e conclusións que se acheguen nestes estudos ou publicacións deberán revestir, segundo o criterio do persoal membro do Consello Provincial de Turismo, carácter de actualidade na súa temática.
- As accións formativas dirixidas a profesionais da gastronomía e baseadas no uso de produtos locais.
- As accións de promoción e fomento do consumo de produtos autóctonos por parte de empresas de restauración, profesionais independentes, entidades e colectivos públicos ou privados.
- O traballo ou traxectoria exemplar de profesionais, colectivos ou empresas de hostalería.
Sexta: Presentación de candidaturas 1. As persoas físicas ou xurídicas, a título individual ou colectivo, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha das modalidades establecidas nestas bases e desenvolvan ou teñan desenvolvido a totalidade da súa actividade, ou unha parte significativa dela, na provincia de Lugo, poderán presentar a súa candidatura aos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense cubrindo os modelos de documentos que figuran nos anexos e achegando unha memoria cuxa extensión non supere as 10 páxinas, incluíndo a portada e excluíndo anexos, na que exporán os méritos cos que concorran á candidatura.
Só poderá presentarse candidatura baixo unha das dúas modalidades contempladas nestas bases.
2. As solicitudes dirixiranse á Presidencia da Deputación de Lugo e serán presentadas a través da sede electrónica nun prazo de corenta e cinco naturais a contar dende o día seguinte da publicación da convocatoria e das bases no Boletín Oficial da Provincia.
Das candidaturas presentadas, se as houbese, darase conta ao Consello Provincial de Turismo, que actuará como xurado dos premios, sendo convocado en sesión extraordinaria. En dita sesión realizarase o estudo e análise das candidaturas presentadas. Esta sesión extraordinaria terá carácter reservado co fin de que as deliberacións ou acordos adoptados non afecten á intimidade dos ou das que presentasen candidatura aos premios. O quórum
Anuncio publicado en: Num BOP 154 año 2020 07/07/2020
06/07/2020 08:00:00
12:31:38

- Traballos de investigación turística e/ou publicacións científicas ou xornalísticas, en formato papel ou dixital, que baseen a súa temática nos recursos, empresas e/ou servizos turísticos da provincia de Lugo e que acheguen datos ou conclusións vixentes no momento da proposta da candidatura.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/07/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha07/07/2020

Nro. de páginas19

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones