Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/06/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 148 martes, 30 de xuño de 2020

BOP de Lugo
Persoas físicas ou xurídicas que non estean incursas en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Medida 8.2.3.3 TU EMPLEO SOCIAL EN EL RURAL e Medida 8.2.3.4 TU EMPLEO EN EL RURAL
Os participantes deberán cumprir coas obrigas e requisitos esixidos nesta orde e na normativa xeral do programa recollida no Real Decreto 1234/2018 de 5 de outubro, e en todo caso:
a Estar inscritos no sistema de garantía xuvenil.
b Residir nalgún concello dos indicados no Anexo I, como mínimo dende a posta en marcha da actividade ou dende o inicio da obra ou similar no caso de imputar meses previos tal e como se prevé no artigo catro das bases que regulan o procedemento, ou residir onde exerzan a súa actividade laboral sempre que este incluída nalgún dos concellos relacionados no Anexo I .
Non é obrigatorio residir e exercer a actividade laboral no mesmo concello pero si é obrigatorio que a residencia e a actividade se sitúe nalgún dos concellos do ámbito de aplicación destas bases.
c Que non estean incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 4. Financiamento 1. As subvencións ás que se refiren as seguintes bases, están recollidas dentro do Programa Prende! Bota Raíces no Rural e convócanse en réxime de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible.
As actuacións comprendidas nestas axudas financiaranse a través do Fondo Social Europeo da iniciativa de Emprego Xuvenil, no marco de intervención do Fondo Social Europeo 2014-2020.

2. O financiamento da actividade da Medida 8.2.4.2 GENTE JOVEN EN EL RURAL prevista nesta orde efectuarase con cargo ás aplicacións orzamentaria 2410.470 e 2410.470.55 dos orzamentos do ano 2020 e 2021, por importe de 171.000 € para sufragar os custos salariais dos mozos/as contratados polas persoas físicas ou xurídicas participantes.
Nesta medida cada persoa física ou xurídica beneficiaria recibirá o 50% do SMI vixente a data de publicación destas bases, 950€/mes e polo número de meses que permaneza contratado ata un máximo de 12 meses, a condición de que a modalidade de contratación sexa indefinida e a alta do traballador se manteña como mínimo 6 meses, no caso que se manteña menos dos 6 meses non xenera a contía proporcional. Sen prexuízo de solicitar un novo traballador , tendo en conta que o computo de tempo comeza co inicio da nova contratación. A
contía máxima será a resultante de aplicar a seguinte fórmula:
50%950€12 meses= 5.700€
Estas axudas considéranse axudas de mínimis, neste sentido as entidades beneficiarias velarán polo cumprimento das condicións do Regulamento UE Nº 1407/2013 da Comisión Europea de 18 de decembro de 2013 relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea e en particular ás axudas de mínimis do artigo 3.3.
3. O financiamento da actividades da Medida 8.2.3.3 TU EMPLEO SOCIAL EN EL RURAL e a Medida 8.2.3.4
TU EMPLEO EN EL RURAL previstas nesta orde efectuaranse con cargo á aplicación orzamentaria 2410.470 e 2410.470.55 dos orzamentos do ano 2020 e 2021, por importe total de 17.100€ e 17.100€ respectivamente.
Nestas medidas cada beneficiario recibirá o 75% do SMI vixente 950€ e polo numero de meses que permaneza de alta ata un máximo de 12 meses durante os cales se terá que exercer a actividade declarada no proxecto de modo efectivo, debendo permanecer en alta a lo menos seis meses para ter dereito o cobro da axuda, non xerará dereito o cobro da axuda no caso de estar menos de 6 meses. A contía máxima será a resultante de aplicar a seguinte fórmula:
75%950€12 meses= 8.550 €
Considerarase tempo efectivo, aquel que no seu caso e de maneira xustificada, se dedicara ao acondicionamento inicial do centro de traballo, sen que dito período poida exceder de dous meses, anterior a publicación da concesión da axuda. Para xustificalo poderase acreditar a través de facturas de acondicionamento do local ou similar.
Estas axudas considéranse axudas de mínimis, neste sentido as entidades beneficiarias velarán polo cumprimento das condicións do Regulamento UE Nº 1407/2013 da Comisión Europea de 18 de decembro de 2013 relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea e en particular ás axudas de mínimis do artigo 3.3.

Anuncio publicado en: Num BOP 148 año 2020 30/06/2020
29/06/2020 08:00:00
13:04:12

Esta axuda estará financiada nun 91,89% polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo axudas EMP-POEJ, a diferenza será asumida por fondos propios da Deputación de Lugo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/06/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha30/06/2020

Nro. de páginas32

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones