Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/06/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 19 DE XUÑO DE 2020

N.º 140

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA.
SERVIZO DO PATRIMONIO NATURAL
Anuncio José Luis Eimil Castro, con DNI 373B, en representación da Asociación de Cazadores As Louseiras CIF
G27163591, titular do tecor As Louseiras LU-10024 solicita a ampliación deste tecor cos terreos da zona de exclusión de Tardade 293 hectáreas, no termo municipal de Vilalba.
O que fago público para o coñecemento xeral e que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no BOP.
Lugo, 9 de xuño de 2020.- A xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Margarita López Blanco.

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio De conformidade co disposto na Resolución da Alcaldía de 87 de 11 de xuño de 2020, faise pública a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para prevención e defensa contra incendios forestais, para a tempada 2020, no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Baralla, mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR Galicia 2014 2020:
-

Dous xefes de brigada
-

Dous peóns condutores con carné B.

-

Seis peóns.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro do Concello de Baralla, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Cando as solicitudes se presenten fóra do Rexistro do Concello, co fin de axilizar os trámites, deberán remitir comunicación por fax ao concello 982363221 ou ao correo electrónico: concellobaralla@concellobaralla.es, comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos ou do rexistro correspondente, antes de rematar o prazo de presentacion da solicitude.
O prazo de presentación será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria neste diario. Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.
Procedemento de selección: a realización dunha proba teórica tipo test e valoración de méritos, segundo o establecido nas bases que se atopan a disposición dos interesados/as nas oficinas municipais e na web do concello na seguinte dirección www.concellobaralla.es.
Baralla, 12 de xuño de 2020.- O ALCALDE, D. Miguel González Piñeiro.
R. 1180

Anuncio publicado en: Num BOP 140 año 2020 19/06/2020
17/06/2020 08:00:00
14:46:12

R. 1132

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/06/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha19/06/2020

Nro. de páginas48

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones