Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/06/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 20 DE XUÑO DE 2020

N.º 141

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA.
SERVIZO DO PATRIMONIO NATURAL. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Manuel González Devesa, con DNI 254M, en representación da Asociación de Cazadores de Friol CIF
G27218759, titular do tecor Cova da Serpe LU-10135 solicita a ampliación deste tecor cos terreos do monte veciñal en man común de Ousá que constituían a extinta explotación cinexética comercial de Ousá, no termo municipal de Friol.
O que fago público para o coñecemento xeral e que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no BOP.
Lugo, 9 de xuño de 2020.- A xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Margarita López Blanco.

CONCELLOS
BECERREÁ
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Por Decreto da Alcaldía, de data 09/06/2020, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de maio do 2020 do prezo público pola prestación do servicio de axuda a domicilio.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 10/08/2020. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.
Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento.

Anuncio publicado en: Num BOP 141 año 2020 20/06/2020
19/06/2020 08:00:00
14:03:57

R. 1140

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/06/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha20/06/2020

Nro. de páginas23

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones