Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 147 luns, 29 de xuño de 2020

BOP Lugo
Serán de aplicación o contrato celebrado as demais causas de extinción dos contratos laborais previstas na normativa citada.
A retribución bruta mensual será de 1.240,68 €, incluída a parte proporcional da paga extra no caso do/a Xefe de brigada; 1.205,33, incluída a parte proporcional da paga extra no caso do Peón condutor; 1.169,98 € incluída a parte proporcional da paga extra no caso do Peón.
3.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
aTer nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD
Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.
c Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- praza de Xefe de Brigada: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.
- praza de peón/peón condutor: certificado de escolaridade.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán aportar documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

f Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.
No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
g Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
Os requisitos citados deberán reunirse con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de instancias, debendo continuar en posesión dos mesmos durante todo o proceso selectivo.
Se en calquera momento do proceso selectivo chegara a coñecemento do tribunal que algún dos/das aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, logo da audiencia do/da interesado/a, o tribunal deberá propor ao alcalde a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.
Así mesmo o Tribunal ten a facultade de poder excluír do procedemento selectivo a aquel/aquela aspirante que leve a cabo calquera actuación de tipo fraudulento na realización dos exercicios que integran o proceso 4. - FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
4.1. Forma de presentación. Os/as interesados/as que desexen participar no proceso selectivo dirixirán as súas solicitudes ao Sr. Alcalde do Concello de Burela e presentaranas no Rexistro Xeral da citada entidade en horario presencial de 9,00 a 14,00 horas previa solicitude de cita telefónica ou mediante rexistro telemático as 24 horas.
Así mesmo poderán remitirse na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas coa excepción establecida na súa disposición final sétima. Non obstante, de cara a axilización do proceso, os/as aspirantes que presentasen a instancia en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 deberán remitir por fax ao Concello copia selada da mesma dentro do prazo de presentación de instancias nº de fax: 982 58 59 45.
O impreso de instancia axustarase ao modelo oficial que se facilitará no Rexistro xeral do Concello, publicándose así mesmo na sede electrónica http burela.sedelectronica.es. Igualmente se facilitarán e publicarán os anexos que se citen nas bases.
4.2. Prazo de presentación. O prazo de presentación será de cinco 5 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP. Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Anuncio publicado en: Num BOP 147 año 2020 29/06/2020
26/06/2020 08:00:00
13:57:06

e Estar en posesión de permiso de conducir B si se opta ás prazas de Xefe de equipo e Peón Condutor.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha29/06/2020

Nro. de páginas27

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones