Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/06/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 142 luns, 22 de xuño de 2020

BOP Lugo
Noveno. O 18.9.2017, reiterouse a solicitude da emisión do correspondente condicionado técnico á Deputación Provincial de Lugo.
Décimo. O 28.9.2017, Cellnex Telecom, S.A. emitiu o correspondente condicionado técnico. O promotor achegou a súa resposta o 16.2.2018.
Décimo primeiro. O 9.11.2017, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil emitiu o correspondente condicionado técnico. O 16.2.2018, o promotor manifestou a súa conformidade.
Décimo segundo. O 24.11.2017, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, o promotor solicitou a tramitación do expediente de acordo co procedemento establecido pola dita lei.
Décimo terceiro. O 28.12.2017, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a Declaración de Impacto Ambiental relativa ao parque eólico e a súa liña eléctrica de evacuación, que se fixo pública por Anuncio do 29 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático DOG núm. 33, do 15 de febreiro de 2018.
Décimo cuarto. O 26.3.2018, a xefatura territorial emitiu o informe do cumprimento das limitacións á constitución de servidume de paso, de acordo co esixido no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Décimo quinto. O 12.6.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal achegou a esta dirección xeral o informe de aproveitamentos de masas forestais, no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, no que se indica que as instalacións previstas non afectan a montes veciñais en man común, nin a consorcios ou convenios asinados coa administración forestal.

Décimo sétimo. O 7.3.2019, esta dirección xeral tomou razón da subrogación de dereitos e obrigas a favor de Norvento Tecnología, S.L., con respecto as instalacións do parque eólico experimental NED 2 MW e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión 20 kV.
Décimo oitavo. O 8.3.2019, o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación co Proyecto de ejecución del parque eólico experimental NED 1 Fase y línea de evacuación Diciembre 2016 , asinado polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro, e visado polo ICAI o 27.02.2019 Vis. 0118/19.
Décimo noveno. O 9.4.2019, a xefatura territorial informou que non existen dereitos mineiros afectados polas instalacións do parque eólico experimental NED 1 Fase 200 kW e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión 20 kV.
Vixésimo. O 31.5.2019, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou que o proxecto do parque eólico cumpre os requisitos de distancias ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidos no Plan sectorial eólico de Galicia.
Vixésimo primeiro. Por Resolución do 10 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgouse autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico experimental NED 2 MW e a súa liña eléctrica de evacuación, no concello da Pastoriza Lugo e promovido por Norvento Tecnología, S.L. DOG
núm. 206, do 29 de outubro.
Vixésimo segundo. O 12.12.2019, o promotor achegou a Relación de Bens e Dereitos Afectados actualizada do parque eólico experimental NED 1 Fase 200 kW e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión 20 kV, na que non se inclúe o desprazamento dos apoios núm. 16 e núm. 17 da liña de evacuación do parque eólico experimental.
Vixésimo terceiro. O 6.2.2020, esta dirección xeral requiriulle ao promotor a documentación actualizada na que se incluíse o citado desprazamento dos apoios núm. 16 e núm. 17 da liña de evacuación.
Vixésimo cuarto. O 13.2.2020, o promotor presentou a Adenda proyecto de ejecución parque eólico experimental NED 1 fase y línea de evacuación Febrero 2020, cunha declaración responsable na que o promotor declara que non se producen novas afeccións ás xa incluídas nas separatas remitidas aos organismos afectados, unha Relación de Bens e Dereitos Afectados actualizada, así como unha declaración responsable na que o promotor inclúe as parcelas coas que foi posible acadar acordos cos seus propietarios.
Vixésimo quinto. O 24.2.2020, o promotor achegou a Relación de Bens e Dereitos Afectados actualizada do parque eólico experimental NED 1 Fase 200 kW e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión 20 kV, que se inclúe no anexo desta resolución, tras detectar erros na Relación de Bens e Dereitos Afectados á que se fai referencia no antecedente de feito anterior.
Vixésimo sexto. O 2.3.2020, esta dirección xeral notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na Relación de Bens e Dereitos Afectados, á que se fai referencia no antecedente de feito anterior.

Anuncio publicado en: Num BOP 142 año 2020 22/06/2020
19/06/2020 08:00:00
14:09:28

Décimo sexto. O 1.3.2019, o promotor comunicou o cambio de denominación social de Norvento Energía Distribuida, S.L., co NIF B27389667, a favor de Norvento Tecnología, S.L., co NIF B27389667, achegando entre outra documentación, a ESCRITURA DE ELEVACION A PUBLICO DE ACUERDOS SOCIALES DE LA ENTIDAD
NORVENTO TECNOLOGÍA, S.L., escritura núm. 2538 do 27.12.2018.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/06/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha22/06/2020

Nro. de páginas25

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones