Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 124 luns, 1 de xuño de 2020

BOP Lugo
Preténdese protexer o interese xeral dos veciños e das veciñas de Mondoñedo, dando soporte ás persoas autónomas, microempresa e pequena empresa, así como aos traballadores por conta allea residentes no concello para minimizar o impacto da crise económica provocada polo COVID-19 e para que unha vez finalizada a alarma sanitaria, se produza canto antes unha reactivación da economía do noso municipio, actuando directamente sobre os colectivos e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas, como autónomos, pemes, traballadores e familias.
O papel dos concellos na crise económica e de emprego que nos vai tocar vivir é clave porque a Administración do Estado e autonómica proporcionan recursos estándares que unicamente os concellos poden ensamblar e adaptar á súa realidade local particular, exercendo as súas competencias en materia de desenvolvemento económico local e emprego mediante o deseño dunha estratexia de promoción económica capaz de identificar e valorizar os recursos e proceder á adaptación dos programas ás necesidades locais.
Ese rol que cumpren as estruturas locais de apoio ao desenvolvemento local e ao emprego, lonxe de invadir competencias ou producir duplicidade algunha, fan posible tamén a efectividade da dimensión local do emprego que apunta tanto a Lei Nacional de Emprego art. 4, R.D.L. 3/2015, como a Comisión Europea, que no seu documento de Actuación local a favor do emprego para unha estratexia europea do emprego define o ámbito local como aquel nivel que permite detectar as necesidades locais non satisfeitas polo que lonxe de ser un ámbito no que unicamente se poñan en práctica decisións adoptadas noutros ámbitos pode combinar diferentes instrumentos e desenvolver formas de dar valor engadido ás decisións tomadas en niveis superiores acadando un máis axeitado nivel de precisión en cada territorio.
2.- Normativa aplicable.

2.- Así mesmo, están sometidas ao réxime de minimis, regulado polo Regulamento UE 1407/2013, de 18 de decembro, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis DOUE L352 de 24 de decembro de 2013.
3.- A xestión destas subvencións suxeitarase aos principios de publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como á eficacia no cumprimento de obxectivos e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.
4.- A súa tramitación realizarase por medios electrónicos, na medida do posible, en aplicación do disposto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, tendo en conta que a actual declaración do estado de alarma limita a circulación das persoas polas vías ou espazos de uso público.
De facelo de maneira presencial adoptaranse as medidas de seguridade esixidas polo estado de alarma.
3.- Crédito orzamentario A contía destinada a atender a estas subvencións ascende a un importe total de 30.000,00 € do vixente orzamento municipal, con cargo á aplicación 430.480, financiado mediante recursos propios municipais.
Así mesmo, no caso de que finalizado o prazo de solicitude se tiveran presentado un número de solicitudes para o que non foran dabondo as contías inicialmente consignadas, poderanse ampliar os créditos ata a cobertura do maior número delas posible.
No suposto de que unha vez revisados todos os expedientes presentados no prazo establecido nesta convocatoria e non téndose esgotado o crédito establecido na mesma, o remanente existente poderá redistribuirse entre as solicitudes presentadas, ditando ó efecto as normas necesarias para a súa execución dentro do exercicio 2020.
4.- Contía das Axudas Con base no artigo 30.7 da LXS:
A axuda a conceder será a resultante de aplicar unha porcentaxe consonte ao baremo que máis abaixo se indica, sobre os gastos subvencionables que tiveran que soportar as persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo.
Gastos subvencionables: serán os gastos de subministracións de enerxía eléctrica afectos a actividade e soportados no periodo comprendido entre o 1 de marzo ata o 30 de abril de duos mil vinte 01/03/2020 ao 30/04/2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 124 año 2020 01/06/2020
29/05/2020 08:00:00
11:14:55

1.- A presente convocatoria rexerase, con carácter xeral, polo disposto nas bases reguladoras, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións en diante LXS e o seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo en diante RLXS e nas Bases de execución do Orzamento Municipal para o exercicio 2020 e, supletoriamente, na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e calquera outra disposición normativa que pola súa natureza puidese resultar de aplicación.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha01/06/2020

Nro. de páginas20

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones