Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/06/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 132 martes, 11 de xuño de 2019

BOP Lugo
4. PUBLICIDADE
A publicación da convocatoria realizarase mediante a publicación dun anuncio no BOP de Lugo. As bases completas publicaranse igualmente na sede electrónica deste Concello https concellodeboveda.sedelectronica.es Portal de Transparencia-Institucional-Persoal-Oferta de emprego público https concellodeboveda.sedelectronica.es/transparency/4462ca31-5b8f-4c14-a375-02be0a1c70ce/ e no taboleiro de anuncios do Concello. Os sucesivos anuncios publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.
5. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Os que desexen participar no proceso de selección deberán facelo constar mediante instancia dirixida ao Sr.
Alcalde, segundo modelo oficial que se inclúe como anexo II ás presentes bases, no prazo de 20 días hábiles contados a partir do anuncio da convocatoria. Se o último día coincidise en día inhábil ou en sábado o prazo quedará prorrogado ata o seguinte día hábil inclusive.
As instancias deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
a Fotocopia do D.N.I.
b Fotocopia cotexada da titulación esixida.
c Fotocopia cotexada dos documentos xustificativos dos méritos que se aleguen.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Electrónico Xeneral do Concello de Bóveda https concellodeboveda.sedelectronica.es ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015
de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. No caso de presentarse a solicitude en rexistro distinto ao do Concello de Bóveda deberá adiantarse por fax copia da instancia dentro do prazo de presentación das solicitudes Nº de Fax 982-426302.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo de quince días, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos e publicarase na sede electrónica deste Concello e no Taboleiro de Anuncios do Concello, sinalando un prazo de 10 días hábiles para emenda de defectos.
Transcorrido o prazo de emenda pola Alcaldía, aprobarase a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará na sede electrónica deste Concello https concellodeboveda.sedelectronica.es e no Taboleiro de Anuncios. Igualmente publicarase a data na que efectuará a baremación de méritos.
7.-SISTEMA DE SELECCIÓN.
Os/as aspirantes serán chamados/as para a realización das probas nun único chamamento, quedando excluídos do proceso os/as que non comparezan.
O sistema de selección constará de dúas fases:
Fase I.-Exercizo de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un custionario tipo test, de 30 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no Anexo I e redacción dun documento administrativo determinado polo Tribunal.
Esta proba terá carácter eliminatorio e puntuarase de 0 a 10 puntos sendo necesario acadar unha puntación de 5
para superala.
Proba de galego. O tribunal valorará o nivel de coñecemento da lingua galega dos/as aspirantes, mediante unha proba que se cualificará como apto ou non apto.
Estarán exentos da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír, con carácter previo, como mínimo o título Celga 3 ou quivantes debidamento homologado.
Fase II. Valoranción de méritos.
1. Experiencia profesional, ata un máximo de 3 puntos - Por servizos prestados en calquera das Administracións Públicas en posto de traballos iguais aos que se convocan 0,10 puntos/mes completo.
- Por sevizos prestados en empresas privadas en postos de traballo iguais aos que se convocan 0,50 puntos/mes completo.
A experiencia profesional acreditarase mediante certificado de vida laboral ao que obrigatoriamente deberá achegarse copia compulsada de contratos ou certificados de empresa nos que consten as funcións desempeñadas. A carencia dun destes documentos implicará a non valoración dese mérito alegado.
2. Fomación complementaria, ata un máximo de 2 puntos.

Anuncio publicado en: Num BOP 123 año 2019 10/06/2019 13:52:17
132
11/06/2019 08:00:00

6 ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/06/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha11/06/2019

Nro. de páginas11

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones