Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/06/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 11 DE XUÑO DE 2019

N.º 132

CONCELLOS
BÓVEDA
Anuncio Por Resolución de Alcaldía núm. 279/2019 do Concello de Bóveda de data 29/05/2019, aprobouse a convocatoria para a contratación da praza denominada auxiliar administrativo, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso-oposición.
Na sede electrónica https concellodeboveda.sedelectronica.es Portal de Transparencia-Institucional-PersoalOferta de emprego público https concellodeboveda.sedelectronica.es/transparency/4462ca31-5b8f-4c14-a37502be0a1c70ce/ aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán na convocatoria:

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA
O obxecto da presente convocatoria é a provisión con carácter temporal dun posto de auxiliar administrativo/a Grupo C2 para a execución de programas de carácter temporal de acordo co disposto no artigo 15.1.a do Real Decreto Legislativo 2/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
Programa de carácter temporal: Dixitalización de documentos, arquivo sistematizado de expedientes, apoio na tramitación de expedientes, atención cidadá, etc.
A xornada de traballo será de 37,30 horas semanais, fixando como días de descanso o sabado e domingo. O
horario de traballo será o correspondente ao do persoal administrativo do concello.
Fíxase una retribución bruta mensual de 1.052,79 euros incluíndo o prorrateo das pagas extraordinarias.
2. NOMEAMENTO E DURACIÓN
A duración dos nomeamentos efectuados a través do Programa Fomento do Emprego 2019 será como máximo de doce meses e terá como data límite o 30 de setembo de 2020.
3. REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Para participar no proceso de selección os aspirantes deberá reunir na data de finalización do prazo de presentación das instancias os seguintes requisitos:
a Ser español ou nacional dos demais estados membros da unión Europea. Así mesmo, poderán participar no proceso selectivo os estranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do cónxuxe menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
b Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
c Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, non encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal loaboral, no que fose separado ou inhabilitado.
e Posuír titulación de graduado en ESO ou equivalente.
Todos os requisitos anteriores deberán terse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.

Anuncio publicado en: Num BOP 123 año 2019 10/06/2019 13:52:17
132
11/06/2019 08:00:00

BASES PARA A SELECCIÓN DUN AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A AO ABEIRO DO PROGRAMA DE FOMENTO DO
EMPREGO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/06/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha11/06/2019

Nro. de páginas11

Nro. de ediciones3280

Primera edición01/03/2013

Ultima edición18/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones