Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 185 luns, 13 de agosto de 2018

BOP de Lugo
4.- No suposto de cesións temporais a Asociacions debidamente inscritas no regulamento municipal de Asociacions do Concello de Alfoz, a asociación cesionaria terá dereito a utilizar o local de forma gratuíta e permanente como sede social e para exercicio da finalidade para os que foi creada. A citada gratuidade non exime da obriga da reposición ao concello dos costes derivados polo subministro eléctrico.
Igualmente, terán dereito a solicitar a reparación daquelas obras que veñan ocasionadas polo deterioro natural do inmoble causado polo uso normal e razoable, correspondendo acreditar tal situación aos servizos municipais.
Artigo 6. Prioridades para o acceso ao uso.
1.- Os actos realizados polo Concello terán absoluta prioridade na utilización dos edificios, locais, aulas, salóns e instalacións municipais, aínda cando o uso destes espacios fose cedido temporalmente, debendo avisar ao cesionario coa antelación suficiente.
2.- Nos espacios non utilizados polo Concello atenderanse as solicitudes consonte a seguinte prelación:
Centros escolares do Concello de Alfoz e as súas ANPAS, especialmente para aquelas actividades que non se poidan realizar nas súas instalacións.
Asociacións sociais, culturais, veciñais e deportivas municipais inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Alfoz.
Partidos políticos con representación no Pleno.
Calquera outra entidade ou empresa con sede social no Concello de Alfoz.
Particulares empadroados no Concello de Alfoz.
Calquera outra entidade, empresa, colectivo ou particular que o solicitase.
3.- Si dous ou más interesados dentro da mesma orde de prelación solicitan o uso dun edificio, local, aula, salón ou instalación municipal, e coinciden en data e horario, intentarase que cheguen a un acordo. En caso de non lograrse o acordo, resolverase a prioridade en favor da solicitude que tivera entrada no rexistro do Concello en primeiro lugar.
Artigo 7. Obrigas dos cesionarios.
1.- Respectar os horarios de utilización establecidos, evitando entrar ou saír antes ou despois do horario autorizado.
2.- Manter as instalacións nas debidas condicións de limpeza e hixiene.
3.- Velar polo uso correcto e conservación das instalacións, absténdose de realizar actos que as deterioren.
4.- Recoller todo o material de que se faga uso no desenvolvemento das actividades, de modo que as instalacións podan ser utilizadas inmediatamente por outros autorizados.
5.- Reparar os danos e desperfectos causados nos inmobles cedidos e nas súas instalacions e bens .
6.- Poñer en coñecemento do Concello á maior brevidade posible, a existencia de calquera anomalía, incidencia, problema, deficiencia ou deterioro.
7.- Cumprir coas condicións dispostas na correspondente autorización.
8.- Respecto das cesions temporais, cada grupo cesionario terá o seu calendario de uso dos locais. O calendario do uso dos locais será público e estara visible no exterior do local. Os dias que o local esté libre, poderá ser cedido polo Concello a outra entidade para unha actividade puntual.
9.- O Concello terá liberdade para entrar nos locais cedidos e disporá de chaves de acceso a estes.
10.- No caso de se realizar algunha actividade que precise dalgún seguro específico polo rango da actividade, deberá ser contratado polo grupo que realice a actividade.
Artigo 8. Usos prohibidos.
1.- Usar os edificios, locais ou instalacións municipais para outra finalidade distinta á autorizada.
2.- Usar os edificios, locais ou instalacións municipais para actividades que vulneren a legalidade.
3.- Fumar ou consumir bebidas alcohólicas no interior dos edificios, locais ou instalacións municipais.
4.- Ceder o uso total ou parcial a outro usuario, sen o consentimento do Concello.
5.- Facer copias das chaves de acceso ou calquera outras dos edificios, locais ou instalacións municipais, salvo os supostos contemplados no artigo 9.1.
6.- Realizar calquera tipo de venta no seu interior, salvo que a autorización o permita expresamente.
7.- Utilizar os espacios públicos cedidos para a realización de actividades económicas que non tiveran sido expresamente autorizadas.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha13/08/2018

Nro. de páginas25

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones