Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/09/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 226 xoves, 30 de setembro de 2021

BOP Lugo
O VICEDO
Anuncio Por resolución de Alcaldía de 22 de setembro de 2021, prestouse aprobación ás bases e convocatoria para proceder á selección e nomeamento con carácter interino dun administrativo, pertencente á escala de administración xeral, dentro do programa Fomento do emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, e ao abeiro do artigo 10. 1 c do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.
O Vicedo, 23 de setembro de 2021.- O Alcalde, José Jesús Novo Martínez.
BASES DE SELECCIÓN PARA O NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO INTERINO DUN ADMINISTRATIVO, PERTENCENTE Á ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, Ó ABEIRO DO ARTIGO 10. 1 c DO REAL DECRETO
LEXISLATIVO 5/2015, DE 30 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO
ESTATUTO BÁSICO DO EMPREGADO PÚBLICO, DENTRO DO PROGRAMA: FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN
PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN
PROVINCIAL DE LUGO, AO ABEIRO DAS BASES PUBLICADAS NO BOP DE LUGO DE 12 DE XANEIRO DE 2021.I. Obxecto
A natureza xurídica que se empregará será a recollida no artigo 10.1.c do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que se denominará funcionario interino por execución de programa de carácter temporal, coa categoría de administrativo, pertencente á escala de administración xeral. A duración do nomeamento será como máximo de 12 meses e terá como data límite o 31 de outubro de 2022, coincidente coa vixencia do programa de Fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2021, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.
II.Funcións/tarefas e retribucións económicas O aspirante seleccionado/a por medio da presente convocatoria estará suxeito/a, no desenvolvemento das funcións propias da súa categoría profesional, ás normas internas de funcionamento do Concello do Vicedo;
tendo como funcións encomendadas as relacionadas co funcionamento administrativo dos servizos do concello, tales como redacción e arquivo de documentos, colaboración na tramitación de expedientes, apoio na contabilidade, etc., e correspondéndolle as retribucións salariais que figuran no presuposto municipal aprobado para 2021, para un grupo C1, C.D. 14.
III.Condicións dos/as aspirantes 1. Para seren admitidos/as á realización das probas selectivas os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a Ser español/a ou posuír a nacionalidade de calquera dos Estados membros da Unión Europea ou a dalgún dos Estados aos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as nos termos definidos no Tratado Constitutivo da Unión Europea, en virtude dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, todo isto nos termos do artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b Ter cumpridos os 16 anos de idade, e non superar a idade máxima de xubilación.
c Estar en posesión do título de bacharelato ou técnico.
d Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira, non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a do que estivese separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
f Non incorrer en causa de incapacidade ou incompatibilidade de acordo coa lexislación vixente.
g Acreditar o coñecemento da lingua galega co obxecto de garantir os dereitos constitucionais e lingísticos das persoas usuarias do servizo de conformidade co artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de
Anuncio publicado en: Num BOP 226 año 2021 30/09/2021
29/09/2021 08:00:00
13:15:24

O obxecto das presentes bases é proceder á selección e nomeamento con carácter interino dun administrativo, pertencente á escala de administración xeral, dentro do programa Fomento do emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, e ao abeiro do artigo 10. 1 c do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/09/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/09/2021

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2021>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930