Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 3 DE SETEMBRO DE 2021

N.º 203

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio O Concello de Alfoz solicita de Augas de Galicia un caudal de 9.691,85 m3/ano de augas procedente do rego da Ibia, no lugar da Panda, na parroquia das Oiras, no Concello de Alfoz Lugo, con destino a uso para abastecemento a poboación e gandeiro. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 109 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.A27.59780

SOLICITANTE:

Concello de Alfoz
VOLUME MÁXIMO ANUAL:

9.691,85 m3

CAUDAL INSTANTÁNEO:

0,40 l/s
DESTINO:

Abastecemento de poboación e gandeiro
ORIXE:

rego da Ibia
LUGAR:

A Panda
PARROQUIA:

As Oiras
CONCELLO:

Alfoz
Descrición:
A auga cáptase no rego da Ibia, no punto con coordenadas UTM Datum 29, ETRS-89: 625534, 4816279, mediante unha toma directa somerxida. Dende este punto a auga condúcese por gravidade a través de tubaria de 40 mm de diámetro ata a ETAP e o depósito de cabeceira da Azoreira, que están situados na parcela de referencia catastral 27002A07200172. Dende o depósito regulador a rede de distribución con diámetros comprendidos entre os 32-90 mm abastece a parte da parroquia de San Vicente da Lagoa, nos lugares de Azoreira, Beloi, Campelas, Campo Verde, Currás, O Escairo, Gavián, O Machuco, Porto Dereito e Souto; constituíndo o presente procedemento a legalización do sistema de abastecemento 2700202 do Plan Auga.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días naturais a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, nº 70, 2º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 7 de maio de 2021.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 2577

CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de 31 de agosto de 2021, apróbase a Convocatoria e as Bases Específicas para a selección de persoal temporal dun/dunha LIMPADOR/A PROGRAMA: FOMENTO DE EMPREGO 2021 PLAN
PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021 DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO e creación dunha listaxe de emprego temporal.

Anuncio publicado en: Num BOP 203 año 2021 03/09/2021
02/09/2021 08:00:00
13:59:57

As características do aproveitamento son:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/09/2021

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions