Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/09/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 225 mércores, 29 de setembro de 2021

BOP Lugo

Eixo 1: Dirixido ás CMVMC, e ás súas agrupacións, que promocionen actividades silvopastorís con gandería extensiva no ámbito de influencia das redes secundarias de faixas de xestión de biomasa definidas no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia en adiante, LPDIFG, así como nas faixas laterais das redes viarias de titularidade municipal situadas dentro dos límites das terras xestionadas pola CMVMC.

Eixo 2:
a As CMVMC e as súas agrupacións poderán solicitar axudas destinadas á elaboración, por parte dun técnico competente, do Plan de aproveitamento silvopastoril, para a regulación de dito aproveitamento e a inscrición no rexistro público de terreos forestais de pastoreo, ou para a súa inclusión dentro dun Proxecto de ordenación.
b Asemade, poderán solicitar axudas destinadas á investigación da propiedade, resolución de discrepancias catastrais, e outras de natureza semellante que repercutan na mellora organizativa e estrutural da CMVMC, no senso de contribuír á elaboración exacta da planimetría destinada á determinación dos límites do monte comunal.

As actuacións incluídas no Eixo 2.b só serán subvencionables para aqueles solicitantes que, asemade, solicitaran axuda para a realización das actuacións encadradas no Eixo 1 e/ou na letra a do Eixo 2.
Este tipo de axudas está previsto no Regulamento UE núm. 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Consonte ao mesmo, estas axudas non son cualificables como axudas de Estado a empresa, pois non son susceptibles de ser incompatibles co mercado interior nos termos establecidos no artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, publicado no Diario Oficial da Unión Europea Serie L número 352 do 24 de decembro de 2013.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as CMVMC da Provincia de Lugo, e as súas agrupacións, baixo calquera forma xurídica agás a sociedade mercantil, cuxos montes foran convenientemente clasificados polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais da provincia de Lugo e inscritos no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.
Asemade, para acollerse ás axudas, as CMVMC deberán velar polo cumprimento da normativa de prevención e defensa contra os incendios forestais mediante o aproveitamento do monte con pastoreo en extensivo de xeito que ditas actuacións contribúan á diminución da cantidade de biomasa existente no monte nas faixas secundarias e/ou laterais das vías de titularidade municipal; ou ben levando a cabo accións de mellora estrutural e organizativa dos usos do monte mediante o estudo da propiedade e/ou a resolución de discrepancias catastrais.
As actuacións definidas dentro do Eixo 1 deberán levarse a cabo en terreos de titularidade da CMVMC que se correspondan fisicamente co ámbito de influencia das redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e/ou coas faixas laterais das redes viarias de titularidade municipal, segundo os datos que se reflictan no correspondente Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais e na planimetría á que se fai referencia na Base 7.1.e; podendo ampliarse as ditas actuacións a outros terreos segundo o establecido na Base 5.
No caso de arrendamento total ou parcial do monte, para a realización dun aproveitamento de pastos por gando en extensivo actividade encadrada dentro do Eixo 1, o/s arrendatario/s poderá/n ser beneficiario/s de subvención e, polo tanto, poderá/n solicitala, sempre que o dito aproveitamento teña lugar en terreos que cumpran os requisitos establecidos no parágrafo anterior, e que, ademais, polo seu número de cabezas de gando e clase, sexa compatible coa conservación do monte.
No caso de cesión parcial do monte, para o seu aproveitamento individual por parte dalgún/s comuneiro/s, mediante pastoreo por gando en extensivo actividade encadrada dentro do Eixo 1, e sempre que a cesión se corresponda con terreos que cumpran os requisitos citados nos parágrafos anteriores, este/s poderá/n ser tamén beneficiario/s das subvencións, sempre que o lote, a sorte ou parcela obxecto de cesión non sexa inferior á unidade mínima de cultivo. Nestes casos, será preciso a achega do documento de asignación de lotes indicando o seu aproveitamento.
O disposto nestas bases non será de aplicación aos MVMC da provincia de Lugo que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio. No caso de MVMC
consorciados, poderá solicitarse a subvención naquela superficie non consorciada.
As CMVMC, ou as súas agrupacións, terán a condición de beneficiarios das subvencións, debendo nomear, en todo caso, un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiarias, lles correspondan.
Estas entidades non poderán extinguirse ou desaparecer ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da LXS.

Anuncio publicado en: Num BOP 225 año 2021 29/09/2021
28/09/2021 08:00:00
11:58:30

Segundo.- Beneficiarios

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/09/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/09/2021

Page count35

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2021>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930