Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 203 venres, 3 de setembro de 2021

BOP Lugo
CONVOCATORIA
O obxecto desta convocatoria é proceder á provisión, con carácter provisional, do seguinte emprego no Concello de Alfoz.
Denominación e características obxecto da convocatoria do emprego de Limpador/a:
-

Nº empregos: 1.

-

Denominación: Limpador/a Programa Fomento de Emprego 2021

-

Réxime Xurídico: Funcionario interino art. 10.1.c/ EBEP.

-

Clasificación: Grupo de Agrupacións profesionais A.P..

-

Duración vínculo de servizo: 10 meses desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 31/10/2022.

-

Duración xornada: Xornada a tempo completo 100%

Listaxe de emprego temporal para a praza de Limpador/a -

Modalidade da listaxe: Específica
O extracto da convocatoria e as bases específicas publicarase no Boletín Oficial da Provincia BOP, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web www.concellodealfoz.com.
Prazo de presentación: Será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOP.

BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DUN/DUNHA LIMPADOR/A, A TRAVÉS DO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, AO ABEIRO DO PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS
CONCELLOS 2021 PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2021 E CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE EMPREGO
TEMPORAL.
1. OBXECTO.
Constitúe o obxecto das presentes bases específicas, que complementan as bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal para prestar servizos no concello de Alfoz publicadas no BOP de Lugo de data 23 de novembro de 2017, a regulación do procedemento de selección mediante sistema de concursooposición do posto de LIMPADOR/A a xornada completa ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego 2021
de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP de Lugo de data 12 de xaneiro de 2021.
2. DENOMINACIÓN DO EMPREGO E CARÁCTERÍSTICAS:
-

DENOMINACIÓN: LIMPADOR/A.

-

Grupo/subgrupo Profesional: aGRUPACIÓNS PROFESIONAIS A.P..

-

Réxime Xurídico: Funcionarial funcionario interino do artigo 10.1.c/ execución de programas de carácter temporal do RDL 5/2015, do 30 de outubro, Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

-

DURACIÓN DO VÍNCULO de servizo: 10 MESES desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 31 de outubro de 2022.

-

tempo Xornada: A tempo completo.

-

cometido funcional: Consistirá na realización de tarefas de limpeza, mantemento e coidado de edificios municipais, zonas verdes, vías públicas e beirarrúas, e calquera outra que se desprenda dos diferentes servizos municipais e acorde coa súa cualificación, non relacionada anteriormente, que lle encomende a autoridade municipal no exercicio das súas funcións.

3.- RETRIBUCIÓNS: Soldo correspondente as Agrupacións Profesionais A.P., nivel complemento de destino 14 e complemento específico 49,18 €/mes. Dúas pagas extras ou, se é o caso, a parte proporcional correspondente.
4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
a Xerais:

-

Titulación Académica mínima necesaria para participar no proceso selectivo: Certificado de estudos primarios ou equivalente.

b Específicos:

Anuncio publicado en: Num BOP 203 año 2021 03/09/2021
02/09/2021 08:00:00
13:59:57

Lugar de presentación: Será no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/09/2021

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions