Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 101 xoves, 6 de maio de 2021

BOP Lugo
- Real Decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade;
- Regulamento polo que se aproba a normativa de acceso, carreira e provisión de postos da Entidade BOP núm.
226, do 30.09.2006 da Deputación Provincial de Lugo;
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas LPACAP;
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público LRXSP;
- Lei Órgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e de garantía dos dereitos dixitais LPDCP;
- Orde 1922/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.
3. CONVOCATORIA
A Xunta de Goberno, tendo en conta as necesidades dos servizos, adoptará acordo aprobando as bases xerais e as bases específicas e a convocatoria dos procedementos selectivos para cubrir as prazas vacantes dos cadros de persoal funcionario ou persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Lugo, incluídas nas ofertas de emprego público, de acceso libre cota xeral ou cota de reserva a persoas con discapacidade.
A convocatoria de prazas de persoal funcionario ou persoal laboral, as bases xerais e as bases específicas, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia BOP, na web corporativa da Deputación de Lugo no apartado Emprego Público RRHH e no taboleiro de anuncios da Entidade, enviando extracto da convocatoria e das bases ao Diario Oficial de Galicia DOG e ao Boletín Oficial do Estado BOE.

O número de prazas ofertadas establecerase na convocatoria, determinando as reservadas ao sistema de acceso xeral e, se é o caso, as que se reservan para ser cubertas por persoas con discapacidade, con grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.
4. REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES
As persoas aspirantes deberán posuír os seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de instancias e conservalos durante o procedemento de selección ata o acordo polo que se resolva o procedemento selectivo.
O requisito do nivel de idioma galego, ao poder substituírse por unha proba, non é obrigatorio posuílo con anterioridade á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
As bases específicas, en relación ao sinalado no punto 4.1 g, poderán diferir o cumprimento de algún dos requisitos específicos a un momento posterior.
4.1 Requisitos sinalados no Art. 56 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro que seguidamente se sinalan:
a Ter a nacionalidade española sen prexuízo no disposto no artigo 57 do EBEP:
- Ser cidadán da Unión Europea ou seu cónxuxe , sempre que non estean separados/as de dereito, así como os seus descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un 21 anos ou maiores dependentes.
- Estar incluído/a no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrado pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras.
b Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza que se convoca.
c Ter cumpridos dezaseis 16 anos e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
d Non haber sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no seu caso, o persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e Posuír a titulación académica esixida nas bases especificas correspondente á praza que se convoca ou estar en condicións de obtela na data na que remata o prazo de presentación de instancias. As persoas aspirantes con titulación obtida no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación.

Anuncio publicado en: Num BOP 101 año 2021 06/05/2021
05/05/2021 08:00:00
12:24:30

Cando as bases xerais e/ou específicas xa estean publicadas no BOP, na convocatoria farase referencia ao boletín correspondente.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/05/2021

Page count74

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Mayo 2021>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031