Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/05/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 19 DE MAIO DE 2021

N.º 111

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN
XERAL DE XESTIÓN DO DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
CLAVE: DH.V27.76829
PREBETONG ÁRIDOS, S.L.U., de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para o vertido dun caudal máximo de 287.682,62 m3/ano de augas residuais industriais e de escorrega depuradas a un afluente innominado do rego Guillán cunca da ría de Viveiro e dun caudal máximo de 152 m3/ano de augas residuais fecais depuradas por infiltración no terreo procedentes da explotación mineira Abilleira Nº113 localizada no lugar de Grande Abilleira A Rigueira t.m. Xove.

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona de extracción recóllense na balsa intermedia A de 210 x 20 m2 de superficie e 3 m de profundidade, localizada no oco da canteira.
As augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona de instalacións na que se localizan a planta de tratamento de áridos, unha planta de formigón e outra de aglomerado e as augas residuais industriais correspondentes ás perdas do sistema de lavado, son recollidas en dúas balsas intermedias, B e C, dispostas en serie, de 72 x 8 m2 e 20 x 8 m2 de superficie, respectivamente, ambas de 3 m de profundidade.
O efluente da balsa intermedia C condúcese mediante cuneta á balsa de decantación final, situada no banco máis profundo da canteira, de 35 x 35 m2 de superficie e 8 m de profundidade, e que tamén recibe as augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona sueste da zona de instalacións, así como o eventual rebouse da balsa intermedia A, que dá servizo á zona de extracción.
Ademais, existe outra balsa intermedia D, de 6 x 6 m2 de superficie e 3 m de profundidade, que recibe parte das augas residuais industriais de escorrega xeradas na parte leste da zona de instalacións, antes de conducilas á balsa de decantación final.
O efluente da balsa de decantación final vértese no punto de coordenadas UTM ETRS89: X=617.181;
Y=4.836.574; incorporándose a un afluente innominado do río Guillán cunca da ría de Viveiro no punto de coordenadas UTM ETRS89: X=617.200; Y=4.836.615. O vertido efectuarase en fervenza mediante pedras de coieira, para disipar a súa enerxía cinética.
As augas residuais fecais xeradas no edificio de oficina-vestiarios son tratadas nunha fosa séptica de decantación-dixestión con prefiltro en PRFV deseñada para 12 habitantes equivalentes de 2.200 L de capacidade constituída por dous compartimentos, de 1,23 m de diámetro e 1,97 m de lonxitude. As augas residuais fecais depuradas vértense por infiltración no terreo cunca da ría de Viveiro mediante condución de PVC de 110 mm de diámetro e 3 m de lonxitude en zanxa filtrante de 375 m2 de superficie e 6 m de espesor, no punto de coordenadas UTM ETRS89: X=617.133; Y=4.836.390.
O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de TRINTA 30 DÍAS, contados a partir do seguinte día á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas da entidade Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade sitas na praza Camilo Díaz Baliño de Santiago de Compostela, e no Servizo Territorial Norte de Augas de Galicia sito no Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Monelos, na rúa Vicente Ferrer, núm.2 9º andar da Coruña, onde se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.
Santiago de Compostela,12 de abril de 2021.- Xefa da Área de Vertidos - Leticia Valladares López.
R. 1370

Anuncio publicado en: Num BOP 111 año 2021 19/05/2021
18/05/2021 08:00:00
11:41:54

As augas residuais industriais de escorrega xeradas nas instalacións xestiónanse do seguinte xeito:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/05/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/05/2021

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Mayo 2021>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031