Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 182 luns, 10 de agosto de 2020

BOP Lugo
Anuncio O pleno do Concello de Chantada, na sesión ordinaria do día 30/07/2020 acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos 27/2020 baixo a modalidade de suplemento de crédito 01/2020 con cargo ao remanente de tesourería para gastos de exercicios pechados, por importe de 672.701,41 €.
O expediente exponse ao público polo prazo de quince días, da acordo co artigo 169 do Texto Refundido 2/2004, do 5 de marzo, da Lei reguladora das facendas locais, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que empezará a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia , poderán presentar reclamacións e suxestións que se estimen oportunas, as que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente deste Concello.
Chantada, 3 de agosto de 2020.-O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 1734

O CORGO
Anuncio MARCO ANTONIO GARCÍA-GABILÁN SANGIL, LICENCIADO EN DEREITO E SECRETARIO DO CONCELLO DO
CORGO LUGO
CERTIFICO:

"DECRETO/20. O CORGO, 27 DE XULLO DE 2020
Por resolución desta alcaldía do 30 de decembro de 2019, aprobáronse as bases da convocatoria de axudas económicas de pago único para o fomento da natalidade de 2019 no Concello do Corgo, sendo publicadas no BOP do 1 de febreiro do actual.
De conformidade co establecido no Art. 23.2 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, a contía total das subvencións por nacemento de fillos ou adopción ascende a 13.000 € e atópase consignada na aplicación orzamentaria 231-480, no vixente orzamento para 2019.
Nas citadas bases establecíase que serían beneficiarios, entre outros requisitos, que a unidade de convivencia segundo o padrón municipal non percibira ingresos anuais superiores a 3,5 veces o SMI para 2019, referido a catorce pagas.
Entendíase por unidade de convivencia a todas as persoas que tiveran a residencia habitual no mesmo domicilio en que se empadroara o nado ou o adoptado, excluíndose as persoas coa calificación de dependentes e discapacitados ou tiveran reducida a súa capacidade de traballo nun grado equivalente ao da incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.
Co fin de facer fronte á situación de emerxencia de saúde pública ocasionada pola COVID-19, declarada pola OMS, levou ao goberno autónomo de Galicia a decretar a emerxencia sanitaria e ao Goberno de España a declarar o estado de alarma, limitando a liberdade de circulación de persoas adoptando as medidas de contención no ámbito da actividade comercial, equipamentos culturais, establecementos e actividades recreativas, de hostalería e restauración e outras adicionais.
Como indica o Real decreto lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19, a contención da progresión da enfermidade supón limitacións temporais á libre circulación xunto coa redución da oferta laboral debido ás medidas de corentena e contención.
Estas circunstancias tradúcense nunha perturbación conxunta de demanda e oferta para a economía española, que afectará ás ventas das empresas, xerando tensións de liquidez que poderían derivar en problemas de solvencia e perda de empregos si non se adoptan medidas urxentes de estabilización.
Este real decreto lei permitiu ás entidades locais destinar o superávit correspondente ao 2019 para financiar gastos de inversión na política de gasto 23 "Servizos Sociais e promoción social" e tamén nas prestacións establecidas no seu artigo 2, entre outras a de "garantir ingresos suficientes ás familias, para asegurar a cobertura das súas necesidades básicas, xa sexan de urxencia ou de inserción".
Por todo isto, e visto que a dotación para axudas á natalidade queda con saldo suficiente, cómpre modificar os requisitos esixidos nas mesmas, co fin de axudar ás familias por nacemento de fillos.

Anuncio publicado en: Num BOP 182 año 2020 10/08/2020
07/08/2020 08:00:00
10:17:31

Que en data do 27 de xullo deste ano, o Sr. Alcalde ditou a Resolución relativa á modificación das bases e a apertura dun novo prazo da convocatoria de axudas económicas de pago único para o fomento da natalidade de 2019 no Concello do Corgo, aprobadas por resolución desta alcaldía do 30 de decembro de 2019, e publicadas no BOP do 1 de febreiro do actual, que se transcribe de seguido:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/08/2020

Page count16

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions