Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 119 martes, 26 de maio de 2020

BOP Lugo
Terán sempre e en todo caso preferencia os candidatos que posúan os títulos relacionados ainda que se admitirán as instancias de persoas que non os posúan para o caso de que se deran as circunstancias antes descritas.
Paralelamente á publicación da presente convocatoria formularase oferta a Servizo Público de Emprego co obxecto de comprobar se existen candidatos en posesión das titulacións requeridas.
CUARTA.- SISTEMA SELECTIVO
O proceso de selección consistirá na realización dunhas probas selectivas e un concurso de méritos concurso-oposición:
1º EXERCICIO: obrigatorio para aquelas persoas que non poidan acreditar o coñecemento de galego no nivel CELGA 3 ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1 da Orde de 16 de xullo de 2007.
Os candidatos que se atopen na circunstancia anterior deberán realizar un exame consistente en traducir un texto sen dicionario, elixido libremente polo tribunal, do castelán ao galego.
Esta proba terá unha duración de 20 minutos.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto.
2º EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá nunha proba escrita, tipo test de 20
preguntas, a desenvolver en 40 minutos, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, sobre o contido do programa especificado na convocatoria que figura no anexo II. Cada resposta correcta sumará 1
punto. As preguntas non contestadas ou contestadas incorrectamente non restarán. Para superar este exercicio será necesario acadar un mínimo de 8 puntos e puntuará ata un máximo de 20 puntos.

- Valorarase a experiencia en postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar, desempeñado nesta Administración Pública, noutra Administración Pública, en empresas públicas ou Consorcios derivados de convenios de colaboración, e en empresas privadas, ata un máximo de 8 puntos, a razón de 0,10 puntos por mes completo traballado.
Entenderase por mes completo traballado 30 días naturais. Se os candidatos acreditasen días naturais soltos de traballo, como consecuencia de diversos contratos ou servizos prestados, estes sumaranse ata acadar 30 días naturais 1 mes completo. Se sobrasen días cuxa suma non chegue a 30 días naturais, desprezaranse na puntuación.
Entenderase por posto de traballo similar aqueles que teñan por finalidade o coidado de persoas da terceira idade ou dependentes, como por exemplo, os desenvolvidos en centros de día ou residencias da terceira idade, etc.
Só computarán os méritos acreditados na data de finalización de presentación de solicitudes.
- Pola realización de cursos de formación relacionados co posto de traballo a desempeñar non se valorará máis dun curso con igual contido, ata un máximo de 4 puntos:
De menos de 10 horas: 0,10 puntos/ curso.
De 11 a 50 horas lectivas: 0,50 puntos/ curso. De 51 a 100 horas lectivas: 1,00 puntos/curso De máis 100 horas lectivas: 1,50 puntos/curso A puntuación total virá determinada pola obtida no segundo exercicio máis a obtida no concurso de méritos.
Poren, os méritos só puntuarán se se supera o exercicio teórico.
No caso de empate nas puntuacións finais concurso + oposición entre dous o máis candidatos, desempatarase co candidato que teña máis servizos prestados neste concello.
O tribunal elevará proposta de bolsa de emprego ao órgano competente cos candidatos que superaron o proceso ordeados por puntuación obtida.
QUINTA.- DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA A APORTAR
1.- Para valorar a experiencia en postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar ou similar deberá inescusablemente aportarse a seguinte documentación, sen a cal non se valorarán os méritos:
a Contratos de traballo nos que se especifique os servicios para os que foi contratado. No caso de que non conste deberá aportarse un certificado da Administración ou empresa na que figure tal extremo.
b Vida laboral do traballador co fin de computar o tempo efectivo de traballo desenvolvido.
No suposto de que non conste o tipo de traballo obxecto do contrato non se computará como mérito.
c Certificados ou diplomas dos cursos alegados polo candidato, no que conste o número de horas, título do curso, programa.

Anuncio publicado en: Num BOP 119 año 2020 26/05/2020
25/05/2020 08:00:00
11:50:10

3º.- CONCURSO DE MÉRITOS:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/05/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions