Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 26 DE MAIO DE 2020

N.º 119

CONCELLOS
O CORGO
Anuncio Por Resolución da Alcaldía do día 22 de maio de 2020 aprobáronse as bases que de seguido se transcriben:
BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO
PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido nas seguintes disposicións: Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño naquelas disposición básicas; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia; na Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; Con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no que non se opoña o Real decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño naquelas disposición básicas; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do estado e demais disposicións aplicables.
OBXECTO: A bolsa servirá para a celebración de contratos laborais temporais nos supostos de acumulación de tarefas, substitución de traballadores con dereito a reserva do seu posto de traballo, vacacións ou outras necesidades do servizo.
A bolsa será válida ata o 31 de decembro de 2021.
SEGUNDA.- FUNCIÓNS.
O cometido funcional será o establecido no Decreto 99/2012, de 26 de marzo, pola que se regulan os servicios comunitarios e o seu financiamento e Art. 4 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, polo que se regula o servizo de axuda no fogar.
TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do EBEP, ou nacionais de Estados membros da Unión Europea ou calquera que sexa a súa nacionalidade, aos cónxuxes dos españois e dos nacionais de estados membros da UE, nos termos do Art. 57 do EBEB.
b Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.
c Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse
Anuncio publicado en: Num BOP 119 año 2020 26/05/2020
25/05/2020 08:00:00
11:50:10

PRIMEIRA.- OBXECTO E NORMATIVA APLICABLE.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/05/2020

Page count13

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions