Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/05/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 101 martes, 5 de maio de 2020

BOP Lugo
MONFORTE DE LEMOS
Anuncio O Pleno da Corporación na súa sesión ordinaria celebrada o día 24 de febrero do 2020 prestou aprobación ao proxecto de obras denominado PARQUE DO BARRIO DO HOSPITAL elaborado polo Enxeñeiro Técnico Forestal don José Mariño Méndez o que implica a DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA e da NECESIDADE DA OCUPACIÓN, de acordo co disposto no acordo do Pleno de data 30 de setembro de 2019, ao abeiro dos artigos 10 e 17 da Lei de Expropiación Forzosa.
Sométese o devandito proxecto ó trámite de información pública por un período mínimo de vinte días hábiles mediante a publicación de anuncios no BOP, para os efectos de presentación de alegacións. De non formularse reclamacións en tempo hábil, esta aprobación será elevada a definitiva sen máis trámite, segundo o disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Adminsitrativo Común das Administracións Públicas.
Monforte de Lemos, 23 de abril de 2020.- O ALCALDE, José Tomé Roca.
R. 0787

Anuncio Aprobado inicialmente en sesión extraordinaria do Pleno deste Concello, o día 24 de abril de 2020 o expediente núm. 19/2020 de modificación de créditos baixo a modalidade de crédito extraordinario e suplemento de crédito por importe de 6.247.841,96 €, financiado con cargo ó remanente líquido de tesourería para gastos xerais, segundo o previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, sométese o expediente a exposición pública polo prazo de quince días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, de non producirse alegacións entenderase aprobado con carácter definitivo.
Monforte de Lemos, 27 de abril de 2020.- O ALCALDE, José Tomé Roca.
R. 0788

Anuncio DECRETO DA ALCALDÍA
O art. 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regula o feito impoñible das taxas municipais, do xeito seguinte:
1. As entidades locais, nos termos previstos nesta Lei, poderán establecer taxas pola utilización privativa ou o aprovechamiento especial do dominio público local, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten o beneficien de modo particular aos suxeitos pasivos.
En todo caso, terán a consideración de taxas as prestacións patrimonias que establezan as entidades locais por:
A A utilización privativa ou o aprovechamiento especial do dominio público local.
B A prestación dun servizo público ou a realización dunha actividade administrativa en réxime de dereito público de competencia local que se refira, afecte ou beneficie de modo particular ao suxeito pasivo, cando se produza calquera das circunstancias seguintes:
a Que no sexan de solicitude ou recepción voluntaria para os administrados. A estes efectos non se considerará voluntaria a solicitude ou a recepción por parte dos administrados:
Cando veña imposta por disposicións legais ou reglamentarias.
Cando os bens, servizos ou actividades requeridos sexan imprescindibles para a vida privada ou social do solicitante.
b Que non se presten ou realicen polo sector privado, este ou non establecida a súa reserva a favor do sector público conforme á normativa vixente.
2. Entenderase que a actividade administrativa ou servizo afecta ou se refire ao suxeito pasivo cando sexa motivado directa o indirectamente por este en razón de que as súas actuacións ou omisións obliguen ás entidades locais a realizar de oficio actividades o a prestar servizos por razóns de seguridade, salubridade, de abastecemento da población ou de orde urbanístico, ou calquera outras.

Anuncio publicado en: Num BOP 101 año 2020 05/05/2020
04/05/2020 08:00:00
11:17:20

APROBACIÓN INICIAL DE EXPEDIENTE DE MODIFICACION DE CRÉDITOS

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/05/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/05/2020

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions