Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 049 sábado, 29 de febreiro de 2020

BOP Lugo
QUINTO.- Solicitude de participación As solicitudes Anexo I requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Muras, presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Así mesmo, as bases da convocatoria publicaranse na sede electrónica deste Concello dirección https
muras.gal.
Ás solicitudes de participación deberán xuntárselles a seguinte documentación:
- Copia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados mebros da Unión Europea.
- Copia do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente ou superior.
- Certificado CELGA 4 ou equivalente.
- Acreditación de méritos.
SEXTA.- Admisión dos aspirantes, data e lugar de celebración das probas Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. En devandita resolución, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica deste Concello dirección https muras.gal, concederase un prazo de dez días hábiles para a emenda.

SÉTIMA.- Tribunal cualificador O Tribunal calificador estará constituído por:
Presidente.
Secretario Vogais que determine a convocatoria.
Designaranse suplentes, que en substitución dos titulares, integrarán o Tribunal.
A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade cos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
Os membros do Tribunal son persoalmente responsables do estrito cumprimento das bases da convocatoria, da suxeición aos prazos establecidos para a realización e valoración das probas e para a publicación dos resultados. As dúbidas ou reclamacións que poidan orixinarse coa interpretación da aplicación das bases da presente convocatoria, así como o que deba facerse nos casos non previstos, serán resoltas polo Tribunal, por maioría.
O Tribunal non poderá constituirse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de tres membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso requírese a presenza do/da Presidente/a e do/da Secretario/a ou dos que legalmente os substituan.
O Tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou convinte. Os ditos asesores actuarán con voz e sen voto e limitaránse ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran co tribunal.
Aos efectos de percepción de asistencias polos membros concurrentes ás sesión dos tribunais, estarase ao disposto no Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
O Tribunal resolverá por mayoría dos votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestión que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias para garantir a debida orden as mesmas.
OITAVA.- Comenzo e desenvolvemento das probas selectivas O procedemento de selección desta praza é o de concurso-oposición, correspondéndolle a fase de concurso unha porcentaxe do 30% da puntuación máxima total, e a fase de oposición o 70% .

Anuncio publicado en: Num BOP 49 año 2020 29/02/2020
28/02/2020 08:00:00
10:45:53

Transcorrido o prazo de emenda pola Alcaldía, aprobarase a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica deste Concello dirección https muras.gal. Na mesma publicación farase constar o día, hora e lugar en que deberán realizarse todas as probas.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/02/2020

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions