Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 5 DE FEBREIRO DE 2020

N.º 029

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL
SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE
Anuncio Aprobada inicialmente polo Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria, celebrada o día 28 de xaneiro de 2020
a Proposta de aprobación, se procede, de rectificación e complemento do Regulamento das hortas urbanas ecolóxicas no parque do río Rato e de Paradai da Excma. Deputación Provincial de Lugo, en cumprimento do previsto no artigo 49 da Lei 7/85, de 2 da abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, exponse a información pública na Secretaría Xeral desta entidade, por un prazo de 30 días, dentro dos cales, poderase examinar o expediente e presentar as alegacións ou suxestións que estimen oportunas.
Lugo, 30 de xaneiro de 2020.- O PRESIDENTE, P.D. Decreto de data 26-07-2019, o Deputado Delegado de Promoción Económica E Social, Pablo Rivera Capón, A Secretaria Xeral, María Esther Álvarez Martínez.

CONCELLOS
BÓVEDA
Anuncio Por Resolución de Alcaldía núm. 2020/26 de data 16/01/2020, aprobouse a contratación da praza de peón de servizos múltiples do concello de Bóveda ao abeiro do programa de Deputación provincial de Lugo "Depuemprego", en réxime de persoal laboral temporal e duración determinada, polo sistema de concursooposición.
Na sede electrónica http concellodeboveda.sedelectronica.es e, no Taboleiro de Anuncios, integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza.

aparecen
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria:
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES DO CONCELLO DE
BÓVEDA
PRIMEIRO. NORMAS XERAIS
O obxecto das presentes bases é a selección mediante concurso-oposición dunha praza de peón de servizos múltiples do concello de Bóveda ao abeiro do programa de Deputación provincial de Lugo "Depuemprego", en réxime de persoal laboral temporal e duración determinada.
A praza referida está adscrita ao servizo de mantemento de instalacións municipais, e as funcións que teñen encomendadas son as seguintes: reparacións na rede de abastecemento domiciliario de auga, sumidoiros, alumados públicos, edificios municipais e áreas recreativas, baixo a supervisión do Oficial encargado deses servizos.
Será de aplicación o convenio provincial de edificación e obras públicas de Lugo.
SEGUNDO. DURACIÓN DO CONTRATO E RETRIBUCIÓNS
1º.- A contratación laboral terá o límite temporal do 30/09/2020 e en réxime de dedicación a tempo completo 37:30 horas semanais.
2º.- As retribucións integras mensuais serán as seguintes:
Salario Base: 900€
Pagas Extras: 2.376,84 €
Plus asistencia: 214,65

Anuncio publicado en: Num BOP 29 año 2020 05/02/2020
04/02/2020 08:00:00
10:19:54

R. 0221

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/02/2020

Page count15

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions