Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

554

Núm. 039 luns, 17 de febreiro de 2020

BOP Lugo
conformidade co artigo 49 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, sométese a información pública, polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia .
-

Camiño con referencia catastral número 27015A055090030000 ST, parcela 9003, polígono 55.

Tramo comprendido entre a estrada municipal LamasCospeito e a Estrada Provincial LUP-1706 de Feira do Monte a Castro Ribeiras de Lea. A superficie do camiño de acordo á ficha catastral é de de 1.523 m2. e o seu perímetro de 1.013,41 m.
-

Camiño con referencia catastral número 27015A056090060000 SQ, parcela 9006, polígono 56.

Tramo comprendido entre a Estrada Provincial LUP-1706 de Feira do Monte a Castro Ribeiras de Lea e a Estrada Provincial LUP-1701 de Feira do Monte a Muimenta. A superficie do camiño de acordo á referencia catastral é de 1.603 m2. e o seu perímetro de 842.05 m Cabe sinalar que só se considera necesario proceder ao estudo e deslinde do tramo de camiño comprendido entre as parcelas catastrais 593, 38, 60 e 63 do polígono 56, ata a intersección coa vía que provén de "A Fonte Dá Virxe"
Así mesmo, ábrese un novo período de proba por prazo vinte días no que serán admisibles os seguintes elementos:
-

Os documentos públicos xudiciais, notariais ou administrativos outorgados de acordo a Dereito.

-

O recoñecemento e ditame pericial.

-

A declaración de testemuñas.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
Cospeito, 11 de febreiro de 2020.-O Alcalde, Armando Castosa Alvariño.

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRÓN PREZOS PUBLICOS ESCOLAS MUSICA E DANZA XANEIRO 2020
Por Xunta de Goberno Local do día 3.02.2020 aprobouse o padrón dos Prezos Públicos Escolas Música e Danza do mes de febreiro de 2020.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Lei xeral tributaria, notifícase colectivamente os recibos derivados deste padrón.
De conformidade coa Ordenanza xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei das facendas locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria, fíxase como prazo de pago en período voluntario dende o 13.02.2020 ata o 13.04.2020.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.
Monforte de Lemos, 10 de febreiro de 2020.- O alcade, José Tomé Roca.
R. 0326

Anuncio publicado en: Num BOP 39 año 2020 17/02/2020
14/02/2020 08:00:00
14:19:16

R. 0325

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/02/2020

Page count555

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions