Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 036 xoves, 13 de febreiro de 2020

BOP de Lugo
O período de cobro en período voluntario fíxase entre o 10 de febreiro e o 10 de abril de 2020.
Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as débedas as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Contra as liquidacións de carácter tributario que se deriven dos presentes padróns poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública de conformidade co establecido no artigo 14.2.c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5
de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición.
Foz, 7 de febreiro de 2020.- O ALCALDE, FRANCISCO CAJOTO CASERÍO.
R. 0296

NEGUEIRA DE MUÑIZ
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data do 03.02.2020, aprobouse o padrón fiscal correspondente ó mes de xaneiro de 2020 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia polo importe de 274,92 €, e Programa Básico de Axuda no Fogar polo importe de 320,44 €.

O que se fai público para xeral coñecemento do presente anuncio, que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no Regulamento Xeral de Recadación e na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Negueira de Muñiz, 06 de febreiro de 2020.- O Alcalde, José Manuel Braña Pereda.
R. 0297

OUTEIRO DE REI
Anuncio José Pardo Lombao, Alcalde do Concello de Outeiro de Rei, no exercizo das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, fago saber que, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 31 de outubro de 2019, aprobouse inicialmente o seguinte:
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
INTRODUCCIÓN
O presente regulamento ten por obxecto establecer as normas de funcionamento e os aspectos de réxime interior da Escola Infantil Municipal permitindo a mellora constante das relacións entre a dirección da escola, os pais, nais ou titores/as e representantes legais, os/as educadores/as e a administración titular do centro, así como o procedemento de adxudicación de prazas na mesma escola, segundo a normativa reguladora vixente.
A Escola Infantil Municipal do Concello de Outeiro de Rei, cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionándolles aos seus usuarios unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa global que garante o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social dos nenos/as, e coa fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e contribuír á mellor integración entre o centro e as familias.
Normativa aplicable:
Lei 13/2008 do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos programas e dos centros de servizos sociais, artigo 7 b do referido decreto que establece como un dos requisitos funcionais o dispor dunhas normas de funcionamento.
Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia Decreto 330/2009 de 4 de xuño, polo que se establece o currículo de Educación Infantil
Anuncio publicado en: Num BOP 36 año 2020 13/02/2020
12/02/2020 08:00:00
11:56:04

Por medio do presente exponse ó público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anunico no BOP, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/02/2020

Page count37

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions