Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 035 mércores, 12 de febreiro de 2020

BOP Lugo
Chantada, 6 de febreiro de 2020.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 0284

LUGO
Anuncio DECRETO NÚMERO 20000392 DO 20/01/2020
lma. Sra. Dona MERCEDES PAULA ALVARELLOS FONDO, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos do Excmo. Concello de Lugo.
Visto o informe proposta da Vicesecretaria conformado polo Interventor Xeral Municipal, do seguinte teor literal:
María García Ferro, Vicesecretaria do Excmo. Concello de Lugo Visto que polo Decreto número 19005554, do 24 de xuño de 2019, se resolveu convocar o proceso selectivo para o procedemento especial de acceso de 4 axentes de mobilidade do Concello de Lugo persoal funcionario contemplado no artigo 53.3 da Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, para o exercicio exclusivo das funcións establecidas na letra b do apartado 1 do citado artigo, a 4 prazas de categoría de POLICÍA do corpo de policía local de Lugo, de acordo co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2016, de 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación, na Orde do 7 de febreiro de 2019, pola que se desenvolve a disposición adicional segunda da Lei 9/2016, de 8 de xullo, que se rexerá polas bases específicas aprobadas por acordo nº 5/373 da Xunta de Goberno Local deste Concello na súa sesión do 11.6.2019.

O anuncio para prover as prazas obxecto desta convocatoria foi publicado no Boletín Oficial do Estado núm.
200, de 21 de agosto de 2019.
Unha vez rematado o mencionado proceso selectivo o Tribunal Cualificador, con data do 25 de novembro de 2019, propuxo o acceso en propiedade das 4 prazas de categoría de Policía Local do Excmo. Concello de Lugo, pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo a: Dona Estrella María Barreiro Broz, Dona Florentina Fernández Castro, Dona Estefanía Penélope Lamela Rodríguez e Don Luis Miguel Salgado Vázquez.
Visto que segundo figura na Base 12.- NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS DE POLICÍA EN PRÁCTICAS, das bases específicas aprobadas por acordo nº 5/373 da Xunta de Goberno Local deste Concello na súa sesión do 11.6.2019, as persoas que superasen o proceso especial de acceso e fosen declaradas aptas no mesmo polo tribunal cualificador serán nomeadas polo concello como funcionarios/as en prácticas na categoría de policía, para participar no curso selectivo de formación que, para o efecto, desenvolva a Academia Galega de Seguridade Pública.
O concello convocante comunicará á Academia Galega de Seguridade Pública a relación do alumnado que debe incorporarse ao curso selectivo, e solicitará a reserva das prazas correspondentes.
Por outra parte, polo que respecta ás retribucións, os funcionarios en prácticas teñen un réxime específico de retribucións regulado no Real Decreto 456/1986, do 10 de febreiro, sobre retribucións dos funcionarios públicos en prácticas, modificado polo Real Decreto 213/2003, do 21 de febreiro, dispón no seu artigo 2:
1. Para os efectos retributivos que regula o presente real decreto, os funcionarios en prácticas que xa estean a prestar servizos remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos ou como persoal laboral deberán optar ao comezo do período de prácticas ou do curso selectivo por percibir, con cargo ao Departamento ministerial ou organismo público ao que estean adscritos os postos de traballo de orixe:
a As retribucións correspondentes ao posto que estean a desempeñar ata o momento do seu nomeamento como funcionarios en prácticas, ademais dos trienios que tivesen recoñecidos.
b As previstas no artigo anterior, ademais dos trienios recoñecidos. Con todo, se durante este período desempeñásese un posto de traballo como funcionario en prácticas, o abono das retribucións corresponderá ao Departamento ministerial ou organismo público ao que estea adscrito o citado posto de traballo.
2. En todo caso, os funcionarios en prácticas a que se refire este artigo deberán reincorporarse, unha vez finalizado o curso selectivo ou período de prácticas, ao seu posto de traballo de orixe ata a súa toma de posesión como funcionario de carreira no novo corpo ou escala, sen prexuízo do disposto na disposición adicional quinta do Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado.

Anuncio publicado en: Num BOP 35 año 2020 12/02/2020
11/02/2020 08:00:00
13:06:56

O antedito Decreto foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 166, de 20 de xullo de 2019, e extracto do mesmo no Diario Oficial de Galicia núm. 148, de 6 de agosto de 2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/02/2020

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions