Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

68

Núm. 032 sábado, 8 de febreiro de 2020

BOP Lugo
NORMAS COMPLEMENTARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
O Servizo de Axuda no Fogar estará rexido polas seguintes normas, que deberán respectar tanto o beneficiario e as persoas do seu entorno, coma os profesionais e voluntarios que interveñan. Estas normas, enumeradas a continuación, regulan o funcionamento do programa e seranlle entregadas ao usuario/a xunto co acordocontrato de prestación de servizo:
1. O tempo de atención en cada domicilio non superará ao establecido na resolución da concesión. Este feito, a periodicidade e as funcións e tarefas a desenvolver, serán as establecidas na resolución do expediente de solicitude do S.A.F.
2. O tempo de atención aos beneficiarios de libre concorrencia poderá ser modificado en función das variacións que se produzan nas súas circunstancias persoais e/ou familiares, así como pola dispoñibilidade de medios do Servizo Municipal de Axuda no Fogar, o que conleva implícitamente unha modificación da aportación económica do usuario.
3. Os usuarios quedan obrigados a comunicar calquera variación cambio de domicilio, teléfono, ingresos, dependencia, etc, nun prazo máximo de sete 7 días naturais.
4. A/o auxiliar do S.A.F. axustarase as normas detalladas no acordo do servizo e cando por calquer motivo a/o usuario/a queira modificar algún aspecto deste, deberá informarlle que ten que solicitar a modificación no concello, nas dependencias de servizos sociais, que iniciará as xestións oportunas que dean lugar, no seu caso, a modificación da prestación.
5. Cando o/a auxiliar non poda acudir ao traballo por razón diversas tales como baixa por enfermidade, motivos persoais, vacacións, etc cubrirase o servizo con outro profesional do mesmo. No caso de que esto non fose posible, ao usuario aplicaráselle un desconto proporcional no abono mensual a pagar.

Débese respectar integramente o horario e as tarefas establecidas e non realizar cambios sen a debida autorización do responsable.
7. A/o auxiliar do SAF non disporá de chaves de ningún domicilio, agás cando as condicións da situación concreta así o esixan, sempre coa demanda e consentimento da/o usuario/a e aceptación da traballadora social responsable do SAF.
8. Por norma xeral o/a auxiliar non traballará no domicilio do/a usuario/a en ausencia deste, salvo por causa xustificada e informada no Departamento de Servizos Sociais.
9. Cando o usuario non se atope no domicilio no horario fixado, o/a auxiliar non ten a obriga de permanecer á espera máis de vinte minutos.
10. Calquera incidencia ou suxerencia do/a usuario/a respecto do servizo deberá poñelo en coñecemento do/a traballador/a social e non será dirimido entre a/ou auxiliar do SAF e a/ou usuario/a.
11. O usuario correrá cos gastos do material necesario para a prestación do servizo. Material de limpeza, luvas, desprazamentos ao médico ou para a realización de xestións etc..
12. Tanto os usuarios como os profesionais e voluntarios que interveñen no servizo, mostrarán un total e absoluto respecto á intimidade e á confidencialidade. A atención establecida non pode interferir nin limitar o dereito do usuario á súa intimidade.
13. O acto de remuneración da auxiliar correrá a cargo da entidade xestora, motivo polo que o usuario non deberá facerlle entrega de ningunha cantidade nin gratificación en cartos ou especies. A auxiliar non admitirá ningunha contraprestación do usuario, nin poderá recibir ou custodiar diñeiro, xoias, obxetos do usuario ou documentación que os represente.
14. As/os usuarias/os absteranse de realizar comentarios sobre a vida persoal o familiar da/o auxiliar do S.A.F.
Non facer partícipe ao usuario e á familia deste dos seus propios problemas, separando todo o posible a súa vida privada e o seu traballo.
15. As/os usuarias/os do S.A.F. aboarán a tarifa correspondente, en tempo e forma e contía establecidos na resolución, e que estará suxeita á revisión anual ou posibles modificacións do servizo.
16. As/os usuarias/os presentarán nos servizos sociais municipais, no mes de xaneiro de cada ano a documentación que se considere necesaria para os efectos de revisión e continuidade do servizo.
17. O servizo prestarase prioritariamente no domicilio do beneficiario; en caso contrario procederase á valoración dende o departamento dos Servizos Sociais.
18. A firma do contrato supón a aceptación das anteriores normas. Será preceptivo por todas as partes, o respecto ás condicións estipuladas no contrato de prestación do servizo tarefas, horarios, supervisións, achegas económicas

Anuncio publicado en: Num BOP 32 año 2020 08/02/2020
07/02/2020 08:00:00
12:44:30

6. Enténdese que durante a prestación do servizo, cando por calquera circunstancia fose necesario realizar un cambio no horario ou unha substitución da auxiliar poderá realizarse, estando igualmente vixente o contrato.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/02/2020

Page count69

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions