Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 032 sábado, 8 de febreiro de 2020

BOP Lugo << ANEXO II - Texto refundido da RPT ano 2020
INDICE
I. INTRODUCION
II. ORGANIGRAMA ADMINISTRATIVO XERAL
III. FICHAS INDIVIDUAIS DA RPT
I.INTRODUCION
Debido as múltiples modificacións da RPT nos últimos 4 anos considerase oportuno facer un texto refundido da RPT actualizando e renumerando as fichas individuais da RPT, e modificando o Organigrama administrativo para racionalizalo e reforzar a Sección económica.
A nivel de Organigrama realízanse as seguintes modificacións:
-Refórzase a Sección de Intervención que pasa a denominarse Sección Económica, integrando a Sección de Intervención, a Sección de Tesourería e o Servizo de desenvolvemento local que dependía de Secretaría, como gran sección que englobaría Intervención e Contabilidade, Tesourería e xestión tributaria, e Subvencións e desenvolvemento local, con un marcado carácter de xestión de todos os actos municipais con relevancia económica.
-Simplifícase o Organigrama administrativo xeral que pasa a ter 5 Seccións e 13 Servizos, especificando no mesmo documento o número de postos en cada sección e o código do persoal adscrito a cada servizo.
A nivel de RPT se realizan as seguintes modificacións:

-Refúndense as seis modificacións puntuais operadas na RPT nos últimos catro anos:
1 Modificación da RPT: Pleno xaneiro de 2016.
-Incremento das función e retribucións do posto de limpadora para equipáralo aos outros 3 postos de limpadoras.
2 Modificación da RPT: Pleno setembro 2016 Expte: 135/2016.
-Creación de 2 postos de traballo de peóns de servizos múltiples como persoal laboral fixo, en execución de sentenza firme da xurisdición social que implica, por non haber na RPT do Concello de Guitiriz postos vacantes similares, a creación de novos postos de traballo na RPT conforme ao disposto no artigo 28 da Lei de emprego público de Galicia, para posteriormente poder dotalos orzamentariamente e incorporalos á plantilla municipal para adscribir provisionalmente aos traballadores declarados indefinidos por sentenza, ata que se aprobe a oferta de emprego público e sexan convocados e realizados os correspondentes procesos selectivos.
-Reclasificación da praza nº5 da RPT, Técnico de Administración Xeral Grupo A1 adscrita á área económica, vacante pola xubilación da súa titular, que quedaría configurada como Administrativo de administración xeral Grupo C1 adscrita igualmente á área económica.
3 Modificación da RPT: Pleno novembro 2017 Expte 258/2017.
-Creación dun novo posto de traballo de funcionario administrativo de administración xeral, adscrito as seccións de urbanismo e secretaría, en execución de sentenza firme da xurisdición social que implica, por non haber na RPT do Concello de Guitiriz ningún posto vacante similar, a creación deste novo posto de traballo na RPT conforme ao disposto no artigo 28 da Lei de emprego público de Galicia, que deberá dotarse orzamentariamente e incorporarse á plantilla municipal para poder adscribir provisionalmente á traballadora dona Eva M Carro Sánchez declarada indefinida por sentenza, ata que se aprobe a oferta de emprego público e sexa convocado e realizado o correspondente proceso selectivo 4 Modificación da RPT: Pleno decembro 2018 Expte: 1460/2018.
-Creación de 1 posto de traballo de peón de servizos múltiples como persoal laboral fixo, en execución de sentenza firme da xurisdición social que implica, por non haber na RPT do Concello de Guitiriz postos vacantes similares, a creación dese novo posto de traballo na RPT conforme ao disposto no artigo 28 da Lei de emprego público de Galicia LEPG, para posteriormente adscribir provisionalmente ao traballador declarado indefinido por sentenza, ata que se aprobe a oferta de emprego público e sexa convocado e realizado o correspondente proceso selectivo.
-Creación de 21 postos de traballo de auxiliar de axuda fogar como persoal laboral fixo para regularizar a situación deste servizo municipal ao amparo do artigo 19 da LOXE para o ano 2018, que permite unha taxa adicional de reposición de efectivos para reducir a temporalidade no emprego público regularizando a
Anuncio publicado en: Num BOP 32 año 2020 08/02/2020
07/02/2020 08:00:00
12:44:30

-Recóllese unicamente o persoal funcionario e o persoal laboral fixo ou indefinido da Corporación, eliminando calquera referencia a persoal laboral temporal xa que tecnicamente o persoal laboral temporal non debe constar na RPT.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/02/2020

Page count69

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions