Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 031 venres, 7 de febreiro de 2020

BOP Lugo
PARADELA
Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL AO ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL
ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019-PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO, MEDIANTE O
SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN.
O Concello de Paradela, aprobou por Resolución da Alcaldía de data 23 de xaneiro de 2020, as seguintes bases para a selección de persoal laboral temporal, para 3 postos de peóns obras públicas, no marco do PROGRAMA
FOMENTO DO EMPREGO
BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL 3 PEÓNS
OBRAS PÚBLICAS NO CONCELLO DE PARADELA AO ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE
COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019- PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO.
1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA
1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases e a correspondente convocatoria, a regulación do procedemento de selección mediante o sistema de concurso-oposición de TRES 3 PEÓNS OBRAS PÚBLICAS, para a contratación de persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Fomento do Emprego de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019.
Esta colaboración materializase a través da achega económica por parte da Deputación Provincial de Lugo dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados.

1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019-Programa Fomento do Emprego, e no non previsto nelas, polo establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público; na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública; na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18
de abril; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia; na Lei 2/2015, de 29 de abril ,de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado; Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e demais disposicións aplicables.
1.3. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición 1.4. A presente convocatoria e as bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na páxina web www.paradela.es, así como na páxina web da Deputación Provincial de Lugo e no boletín oficial da provincia de Lugo; o resto de actos do proceso selectivo que deban ser obxecto de publicidade serán publicados no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na páxina web do Concello de Paradela www.paradela.es.
2. TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO
2.1 O contrato de traballo temporal que se formalizará coas persoas seleccionadas será coas cláusulas específicas de obra ou servizo determinado, a tempo completo, previsto no artigo 15.1 a do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores TRET e no artigo 3 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro.
3.-FUNCIÓNS
O obxecto dos contratos laborais temporais que se celebren a resultas do proceso de selección dos 3 postos de Péons obras públicas, será a realización de traballos urxentes e inaprazables a desenvolver en relación ás obras ou servizos prioritarios ou que afectan ao funcionamento dos servizos públicos esenciais, tales como:
.Accións de conservación e mantemento de recursos naturais.
.Accións de mantemento dos espazos públicos urbanos.
.Conservación e mantemento de edificios, instalacións e vías municipais.
4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de
Anuncio publicado en: Num BOP 31 año 2020 07/02/2020
06/02/2020 08:00:00
13:39:47

Os contratos de traballo concertaranse cunha duración determinada de 6 meses, rematando en todo caso o 30
de setembro de 2020 e a xornada completa.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/02/2020

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions