Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 029 mércores, 5 de febreiro de 2020

BOP Lugo
Plus extrasalarial: 96,28 €
Vacacións: 1.188,42€
TERCEIRO. NORMATIVA APLICABLE
Ao presente concurso-oposición seralle de aplicación o previsto no TRLEBEP. Así mesmo e nos aspectos non derogados expresamente que non se opoñan ao disposto no TRLEBEP, tamén será de aplicación:
- Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego pblico de Galicia, - Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, - Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño;
- Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia, - Real Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia, - Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, - Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarias da Administración Local;
Con Carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administrción da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.

CUARTO. REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Serán requisitos mínimos dos aspirantes ao proceso selectivo, en aplicación do artigo 56 do TRLEBEP:
1.- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
2.- Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais, realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente.
3.- Estar en posesión, ou en condición de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias, do título de Graduado Escolar ou equivalente.
4.- Non padecer enfermidade ou defecto psíquico ou físico que impida ou dificulte o desempeño das correspondentes funcións.
5.- Non atoparse separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios, no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
6.- Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
7.- Estar en posesión do carné de conducir B.
8.- Os candidatos deben estar en situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior o 50% da xornada.
QUINTO. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
Para tomar parte na selección as persoas interesadas deberán solicitar a súa participación mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello, conforme ao modelo oficial que figura como ANEXO I destas Bases..
Xunto coa solicitude débense achegar copias dos documentos xustificativos de cumprir os requisitos de participación e os que acrediten os méritos alegados para a fase de concurso de méritos. Os méritos alegados que non sexan xustificados documentalmente ou que non cumpran os requisitos establecidos nestas Bases non serán tidos en conta polo Tribunal.
A instancia debe ir acompañada dos seguintes documentos:

Anuncio publicado en: Num BOP 29 año 2020 05/02/2020
04/02/2020 08:00:00
10:19:54

Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/02/2020

Page count15

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions