Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 028 martes, 4 de febreiro de 2020

BOP Lugo
SÉTIMO.- Polo que se refire á contía non existen máis límites que o non poder superar globalmente o establecido no artigo 75 bis da LBRL, que establece que os membros das Corporacións Locais serán retribuídos polo exercicio do seu cargo nos termos establecidos no artigo anterior.
Os Orzamentos Xerais do Estado determinarán, anualmente, o límite máximo total que poden percibir os membros das Corporacións Locais por todos os conceptos retributivos e asistencias, excluídos os trienios aos que no seu caso teñan dereito aqueles funcionarios de carreira que se atopen en situación de servizos especiais, atendendo entre outros criterios á natureza da Corporación local e á súa poboación segundo a táboa que se contén en devandito precepto.
Pero ademais do anterior, o que si determinou a xurisprudencia é que resulta improcedente a discriminación ou diferenciación das contías en función das responsabilidades asumidas polos membros da Corporación, sen que sexa posible establecer diferenzas entre a contía das asistencias para os distintos membros dun mesmo órgano colexiado. Así, a STSJCV de 17 de xuño de 2005 sinalou que si resulta razoable fixar indemnizacións distintas segundo o órgano municipal que se trate, pero sen establecer diferenzas persoais, xustificando as diferenzas na importancia, complexidade ou competencia de cada órgano, pero o que non resulta admisible é un criterio que establecese diferenzas en razón da pertenza a grupos políticos ou outras razóns persoais.
No mesmo sentido, a sentenza do Tribunal Supremo de 1 de decembro de 1995 sinala que a indemnización por asistencia debe ser igual para todos os membros que forman parte do órgano colexiado, chegando a esa conclusión porque non supón necesariamente maior traballo a preparación das sesións por quen exerce cargos de maior responsabilidade, tendo en conta que a conduta esixible dos membros da Corporación, tanto os que forman parte do equipo de goberno municipal como os demais, é unha dilixencia extrema no estudo dos asuntos examinados polos órganos colexiados.

Por outra banda o TS en Sentenza de 20 de decembro de 1999 lémbranos que o lexislador e o titular da potestade regulamentaria teñen dotado ás Corporacións Locais dunha marxe de liberdade para remunerar aos seus membros, liberdade que non pode entenderse como absoluta senón limitada aos termos xenéricos das normas xurídicas de carácter xeral. O réxime de retribucións dos Corporativos será, pois, o que expresamente aprobe o Pleno da Corporación, respectando as normas comentadas.
Con base no anteriormente exposto, infórmase FAVORABLEMENTE a proposta da Presidencia sobre modificación do acordo do Pleno de data 7 de agosto do 2007, publicado no Boletín da Provincia número 182, de data 8 de agosto do 2007, polo que se establecen as cantidades a percibir polos membros da Corporación, por asistencias a órganos colexiados, que non perciban retribucións en concepto de dedicación exclusiva nin parcial pola concorrencia efectiva aos órganos colexiados de que formen parte.
É canto procede informar.
Polo exposto, PROPOÑO que o Pleno da Deputación Provincial de Lugo, adopte os seguintes acordos:
PRIMEIRO.- Aprobar o réxime de asistencias pola concorrencia efectiva á sesións dos órganos colexiados da Corporación e, en consecuencia, modificar o apartado 3º, Asistencias, do acordo adoptado polo Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 7 de agosto do 2007, que quedará redactado da seguinte maneira:
3º.- Asistencias -Por cada asistencia a sesións do Pleno, 300 euros.
-Por cada asistencia a sesións da Xunta de Goberno, 150 euros.
-Por cada asistencia a Comisións Informativas, 150 euros.
-Por cada asistencia a outros órganos colexiados e complementarios, as cantidades que resolva asignar a Presidencia, sen que poidan sobrepasar o límite establecido para o Pleno, incluídas as Mesas de Contratación.
SEGUNDO.- Determinar que as devanditas cantidades por asistencias, só serán percibidas por aqueles membros corporativos que non desempeñen as súas funcións en réxime de dedicación exclusiva total ou parcial.
A Comisión Informativa de Asuntos do Pleno, por maioría, coa abstención do Sr. Deputado D. Efrén Castro Caloto, membro do Grupo Provincial do BNG, acorda informar favorablemente a proposta presentada e elevala ao Pleno para a súa aprobación se procede.
Efectuada a votación, e verificada a mesma, dá o seguinte resultado: votos válidos emitidos, 24; votos a favor, 21 emitidos polos señores Deputados do Grupo Provincial Socialista e do Grupo Provincial Popular;
abstencións, 3 correspondentes ós señores Deputados do Grupo Provincial do BNG. Polo que o Presidente declara aprobada por maioría a proposta presentada.
O que se fai público en cumprimento das disposicións vixentes.

Anuncio publicado en: Num BOP 28 año 2020 04/02/2020
03/02/2020 08:00:00
11:24:15

Por iso, cabe entender que non é posible establecer diferenzas nas asistencias entre os membros dun mesmo órgano colexiado en razón da posición do cargo electo, a pertenza a un determinado grupo político ou calquera outra consideración de índole persoal.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/02/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions