Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 026 sábado, 01 de febreiro de 2020

BOP Lugo
Expóñense ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo.
Recursos: Contra o acordo de aprobación dos padróns de: abastecemento de auga, recollida de lixo, rede de sumidoiros, e servizo de axuda no fogar, poderá interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende producida a notificación.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, dende o día 1 de febreiro de 2020 ata o 31 de marzo de 2020.
Finalizado o prazo pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 de Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.

R. 0188

O CORGO
Anuncio Fanse públicas as bases da convocatoria de axudas económicas de pago único para o fomento da natalidade de 2019 no Concello do Corgo, aprobadas por Resolución da Alcaldía do 30 de decembro de 2019 que se transcriben de seguido:
CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS DE PAGO ÚNICO PARA O FOMENTO DA NATALIDADE DE 2019
1.- Obxecto.
O obxecto destas bases é convocar a concesión dunha prestación económica en pago único polo nacemento ou adopción de fillos durante o ano 2019, no seno de familias ou unidades de convivencia, con residencia habitual no término municipal de O Corgo.
Así mesmo, regulará os beneficiarios, requisitos, procedemento de concesión e devolución, no seu caso.
2.- Competencia na materia.
A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e convivencia de Galicia, atribúe, no seu Art. 8, aos concellos, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, a de promover toda clase de actividades e prestar todos os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da vecindade e, en todo caso, de conformidade co establecido na lexislación de réxime local e sectorial de servizos sociais, as competencias de: b na execución de programas e proxectos destinados á atención á familia.
No capítulo IV do Título I desta Lei regúlanse as políticas públicas como instrumento importante no fomento da natalidade mediante o apoio á maternidade.
3.-Aplicación orzamentaria.
De conformidade co establecido no Art. 23.2 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, a contía total das subvencións por nacemento de fillos ou adopción ascende a 13.000 € e atópase consignada na aplicación orzamentaria 231-480, no vixente orzamento para 2019.
Excepcionalmente, conforme ao disposto no Art. 58.2 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, poderase establecer unha contía adicional de crédito, cuxa aplicación á concesión de subvencións non requerirá de nova convocatoria. A efectividade desta contía adicional queda
Anuncio publicado en: Num BOP 26 año 2020 01/02/2020
31/01/2020 08:00:00
12:11:42

Castroverde, 24 de xaneiro de 2020.- O Alcalde, Xosé María Arias Fernández.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/02/2020

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions