Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/02/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 48 martes, 26 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
da actuación Concello ou Asociación beneficiaria non achegue o certificado de actuación onde constará se fose o casoa recadación total obtida pola representación teatral, segundo o recollido no anexo 9.
OBRIGAS DOS CONCELLOS/ASOCIACIÓN SOLICITANTES:
De acordo coas presentes bases, os Concellos e as entidades solicitantes das actuacións deberán aceptar as condicións deste programa, e por tanto quedan obrigados a:
a Aboar a parte correspondente do caché do grupo teatral que actúe mínimo do 50% do custo total da actuación concedida, estando obrigados a presentar ante a Deputación certificado de actuación onde constaráde ser o casoa recadación total obtida pola representación teatral, segundo o establecido no anexo 9.
b Dispor dos seguros pertinentes para a realización das actuacións deste programa, asumindo todas as responsabilidades derivadas da organización, realización e desenvolvemento da actividade: local, aforo ou calquera outra derivada da materialización deste proxecto, de acordo co establecido nas bases da convocatoria. A Deputación queda exenta de calquera responsabilidade derivada deste programa, incluídas as derivadas das situacións que se poidan producir previamente á actuación, durante a mesma ou despois dela ou tamén aquelas referidas ao desprazamento previo e/ou posterior ás actuacións por parte das compañías participantes no programa.
c Aceptar e asumir todas as obrigas e condicións establecidas na presente convocatoria.
d Organizar e desenvolver as actuacións velando pola súa correcta realización e pola súa seguridade de acordo coa normativa legal vixente.

f Inscribirse no programa de Teatro Profesional 2019, PROSCENIO, no prazo de 15 días naturais, a contar dende o día seguinte o da publicación destas bases no B.O.P, especificando na súa solicitude o tipo de función que se quere inserir na programación de cada concello/asociación e maila data seleccionada e outra máis de reservasegundo preferenciapara a realización da función teatral.
g Memoria de actividades culturais realizadas nas últimas dúas anualidades.
h Estratexias de difusión e promoción da programación conxunto de accións transversais que buscan achegar as diferentes actividades e espectáculos culturais ao conxunto da sociedade i Establecer un local axeitado para desenvolver as representacións posuíndo as necesidades técnicas e de seguridade. A Deputación de Lugo exímese de calquera responsabilidade derivada da realización da actividade: características do local, aforo ou calquera eventualidade referida á materialización da actividade concedida, tal como se establece nesta convocatoria, ou as referidas a traslados da compañía, idade dos actores/actrices, montaxe, representación, desmontaxe, entre outros.
É obrigatorio comunicar á Deputación Provincial os seguintes datos relacionados co lugar onde se vai a facer a función:
Nome do espazo onde se vai facer a función, enderezo, planos dixitalizados, fotografías, raider técnico iluminación, son, etc, aforo do espazo ou espazos que se ofrecen para a realización da/as función/s.
j Nomear unha persoa responsábel que se faga cargo da promoción do evento e do óptimo desenvolvemento da actividade.
k Utilizar o idioma galego nos carteis anunciadores e en toda a propaganda que se faga do evento.
l Distribuír os carteis anunciadores do programa enviados dende a Deputación. En toda a publicidade que se faga a maiores deberá figurar que a actuación pertence ao Programa de Teatro Profesional 2019, xunto co logo da Deputación de Lugo. Esta última poderá, se o considera necesario, solicitar a xustificación da citada publicidade.
m Deberán poñerse en contacto coa Área de Cultura se xorde calquera tipo de inconveniente que non permita desenvolver a actuación na data acordada.
n De producirse unha renunciatanto por parte do solicitante como por parte do grupo beneficiarioe sempre que sexa, por circunstancias alleas á Deputación de Lugo, nin o grupo contratado nin o solicitante beneficiario terán dereito a ningunha indennización económica..
OBRIGAS DA DEPUTACIÓN:
De igual xeito, a Deputación de Lugo comprométese a lles aboarcomo máximoa porcentaxe do 50% do custe total da actuación ao grupo ou grupos participantes neste programa, e en todo caso, sempre que se acredite a realización da actuación e, aínda no caso
Anuncio publicado en: Num BOP 48 año 2019 25/02/2019 13:54:31
26/02/2019 08:00:00

e Para lle facer fronte a ese 50% mínimo de pago ao grupo teatral, os Concellos e asociacións culturais legalmente constituídas poderánse así o considerancobrar unha entrada simbólica, debendo a Deputación ser informada das cantidades concretas que se recaden, así como do número de espectadores que presenciaron a peza teatral.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/02/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/02/2019

Page count57

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728