Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 8 DE FEBREIRO DE 2019

N.º 033

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio
Por resolución do 3 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción ao Parque Eólico Monciro, emprazado nos concellos de Castroverde e Pol desta provincia, promovido pola sociedade Gas Natural Fenosa Renovables, SLU DOG Núm.201, de 22 de outubro e por resolución do 22 de agosto a dirección xeral recoñeceu como non substancial a modificación do proxecto solicitada polo promotor o 3 de agosto. Posteriormente, por resolución do 17 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, da instalación eólica mencionada DOG Núm.9, do 14 de xaneiro de 2019.
Esta declaración de utilidade pública, de conformidadecodisposto no artigo 56 da Lei 24/2013, de 26 de decembro do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bensou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954 de expropiación forzosa.
Por razón do exposto, esta Xefatura Territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan osvindeiros 12, 13, 14, e 15 de marzo de 2019 no concello de Pol e o 14 de marzo no de Castroverde, como punto de xuntanza, para levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.
Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitosou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmenteou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súatitularidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, cos gastos polasúaconta .
Así mesmo, advírtese a todos os interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nestaXefatura Territorial Rolda da Muralla 70, 27071 Lugo ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados artigo 56.2 do regulamento da Lei de Expropiación Forzosa.
Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o art.44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas, cando os titulares dos predios propostossexandescoñecidosou se ignore o lugar de notificación.
No expediente expropiatorio Gas Natural Fenosa Renovables, SLU, asumirá a condición de beneficiaria.
Lugo, 25 de xaneiro de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López .

Anuncio publicado en: Num BOP 33 año 2019 07/02/2019 12:00:13
08/02/2019 08:00:00

Resolución do 25 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto do parque eólico Monciro Expediente LU 118-EOL.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/02/2019

Page count63

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728