Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 019 mércores, 23 de xaneiro de 2019

BOP de Lugo
ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
XULGADO DO SOCIAL N.º 3 LUGO
Anuncio D MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social nº 003
de LUGO, FAGO SABER:
Que no procedemento 906/16, deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de HABUC VASILE contra a empresa ADRIÁN SÁNCHEZ SAAVEDRA, sobre CANTIDADE, ditouse sentenza en data 21 de decembro de 2018, cuxa parte dispositiva se adxunta: DECISIÓN.-1. Acollo parcialmente a demanda formulada por Habuc Vasile contra ADRIÁN SANDEZ SAAVEDRA polo que condeno a MACKINON FACTORY, SL ao pagamento a Habuc Vasile a cantidade de 663,89 euros brutos, sobre os que se reportarán os xuros do 10 por cento.-2. As devanditas cantidades serán aboadas polo FOGASA de conformidade cos requisitos legais e regulamentarios que, no seu caso procedan.-Esta resolución seralles notificada ás partes, indicándoselles que é firme.-Así o acordo, decido e asino.-DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-Rubricado.Publicación.- A anterior sentenza ditada pola maxistrada-xuíza foi entregada, lida e publicada esta data e na miña presenza. Dou fe, como letrado/a da Administración de Xustiza do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.María de los Ángeles López Carballo.-Rubricado.
E para que sirva de notificación en legal forma a ADRIÁN SÁNCHEZ SAAVEDRA, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En LUGO, a once de xaneiro de dous mil dezaoito.- A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Anuncio D MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social nº 003
de LUGO, FAGO SABER:
Que no procedemento 98/17, deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de PEDRO DOSITEO VARELA VILLAR, contra a empresa CASTRO BARREDO S.L., sobre CANTIDADE, ditouse sentenza en data 21 de diciembre de 2018, cuxa parte dispositiva se adxunta:
DECISIÓN.-1.Acollo a demanda formulada por Pedro Dositeo Varela Villar contra CASTROBARREDO, SL
polo que condeno a CASTROBARREDO, SL ao pagamento a Pedro Dositeo Varela Villar a cantidade de 3115,84 euros brutos, sobre os que se reportarán os xuros do 10 por cento.-2.As devanditas cantidades serán aboadas polo FOGASA de conformidade cos requisitos legais e regulamentarios que, no seu caso procedan.-3.Absolvo a PABLO BARJA VEIGA de canta petición na súa contra se formulaba neste procedemento.-4.As custas do procedemento que incluirán os honorarios do/a letrado/a-graduado/a social da parte actora ata o máximo de 600 euros serán aboadas por CASTROBARREDO, SL.-Esta resolución seralles notificada ás partes, indicándoselles que poden formular un recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, recurso que, de ser o caso, deberán anunciar ante este mesmo Xulgado mediante unha comparecencia ou por escrito no prazo dos cinco días hábiles seguintes ó da notificación da resolución e depositando as cantidades previstas legalmente na conta do xulgado, indicando o número de autos.-De non se anunciaren o recurso contra a resolución, deberán arquivarse as actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.-Así o acordo, decido e asino.-DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-rubricado.-Publicación.- A anterior sentenza ditada pola maxistrada-xuíza foi entregada, lida e publicada esta data e na miña presenza. Dou fe, como letrado/a da Administración de Xustiza do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo. María de los Ángeles López Carballo.
E para que sirva de notificación en legal forma a CASTROBARREDO S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En LUGO, a once de xaneiro de dous mil dezaoito.- A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
R. 0132

Anuncio publicado en: Num BOP 19 año 2019 22/01/2019 11:03:58
23/01/2019 08:00:00

R. 0131

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/01/2019

Page count7

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions