Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/01/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 16 DE XANEIRO DE 2019

N.º 013

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio
En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Paradela, emprazado no concello de Paradela Lugo e promovido pola sociedade Paravento, S.L. Expediente 104 EOL.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018.- O director xeral de Enerxía e Minas, Angel Bernardo Tahoces ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Paradela, emprazado no concello de Paradela Lugo e promovido pola sociedade Paravento, S.L.
Expediente 104 EOL.
Examinado o expediente iniciado por solicitude de Paravento, S.L en adiante a promotora en relación coa declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Paradela, constan os seguintes ANTECEDENTES DE FEITO
Primeiro. Por Resolución do 6 de maio de 2004 pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004 DOG nº 18 do 28 de xaneiro, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio resolveu admitir a trámite o parque eólico Paradela para unha potencia máxima de 13,2 MW DOG nº100 do 26 de maio.
Segundo. Con data 25 de xuño de 2004, Rubén García González, actuando en nome e representación de Paravento, S.L., presenta solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, declaración, en concreto, de utilidade pública e recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións do parque eólico Paradela, para unha potencia total de 12 MW.
Terceiro. Por Resolución do 23 de setembro de 2004, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, someteuse a información pública o estudo ambiental, autorización, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Paradela DOG nº51 do 16 de marzo de 2005.
A dita resolución publicouse no BOE do 14.2.2005, no Diario Oficial de Galicia do 16.3.2005, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 15.2.2005 e no xornal El Progreso do 22.3.2005. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios da delegación provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria, da delegación provincial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e do concello de Paradela.
Durante o período de información pública presentáronse alegacións sobre as cales a xefatura territorial informou o 1.9.2006.
A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

Anuncio publicado en: Num BOP 13 año 2019 15/01/2019 10:03:57
16/01/2019 08:00:00

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Paradela, emprazado no concello de Paradela Lugo e promovido pola sociedade Paravento, S.L.
Expediente 104 EOL.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/01/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/01/2019

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions