Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/11/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 270 mércores, 24 de novembro de 2021

BOP Lugo
aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables.
1.3. O sistema de selección dos/as aspirantes será o de concurso-oposición.
1.4. A presente convocatoria e as bases publicaranse no taboleiro de anuncios do concello de Baleira , na sede electrónica do concello www.concellobaleira.sedelectronica.gal e da Excma. Deputación Provincial de Lugo www.deputacionlugo.org e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Os sucesivos anuncios relacionados co procedemento publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello www.concellobaleira.sedelectronica.gal.
2. TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO .O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada e a xornada completa na modalidade de obra ou servizo determinado peón, mecánico operario e operario de maquinaria e condutor de vehículos, segundo o previsto no artigo 15.1 a do Real Decreto Lexislativo 2/2015, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores TRET e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, contrato eventual por circunstancias da produción auxiliar administrativo/a. A duración aproximada dos contratos será de oito meses para o/a peón de obras e servizos e mecánico operario, dez meses para o/a operario de maquinaria e condutor de vehículos e de seis meses para o/a auxiliar administrativo, tendo en conta que o prazo límite para o remate dos devanditos contratos é o 31 de outubro do 2022.
3. FUNCIÓNS .-As tarefas a desenvolver polos/as traballadores/as contratados/as serán as propias dos seus postos de traballo referidas a actuacións urxentes e inaprazables que contribúan a mellorar a prestación dos servizos básicos do concello.

Limpeza das rúas, mantemento das áreas recreativas ,parques e xardíns, mantemento das vías municipais, e apoio noutras tarefas de competencia municipal que se correspondan con necesidades urxentes e inaprazables e propias do posto de peón.
Traballos a realizar:
.-Limpeza das áreas recreativas de O Cádavo, A Cortevella , A Braña, área de nacemento do río Eo e área da Fontaneira nacemento do Río Neira .
- Limpeza exterior, desbroce e outros traballos de mantemento dos edificios de titularidade municipal correspondentes ós antigos colexios de Millares, Retizós, A Fontaneira, A Lastra, e Córneas.
- Limpeza e mantemento de cunetas e drenaxes en vías de acceso a poboación que se precise.
-Roza e limpeza de maleza no Sendeiro que vai dende Cortevella, Cabreira, Esgrade, Sampaio, Mendreiras e ata a Braña.
-Arranxo de fendas e limpeza interior e/ou exterior de depósitos municipais de auga.
-Limpeza e mantemento de beirarrúas e rúas en O Cádavo.
-Limpeza interior e exterior de fosas sépticas de O Cádavo .
- Calquera outro traballo considerado urxente e inaprazable, no ámbito das competencias municipais obrigatorias, propios do posto de traballo de peón de obras e servicios.
MECANICO OPERARIO:
-Realización de actuacións de mantemento cambios de aceite, filtros, rodas, lavado e pequenas reparacións
soldaduras, pintado dos vehículos que compoñen o parque móvil municipal do Concello de Baleira tractores, camións, vehículos, motoniveladora, pala retroexcavadora
-Limpeza das rúas, mantemento das áreas recreativas , parques e xardíns, mantemento das vías municipais, e apoio noutras tarefas de competencia municipal que se correspondan con necesidades urxentes e inaprazables e propias do posto de mecánico operario.
OPERARIO DE MAQUINARIA E CONDUCTOR DE VEHÍCULOS DO CONCELLO:
-Manexo da maquinaria e vehículos dos que dispón o concello como desbrozadoras, pala retroexcavadora, tractor, motoniveladora, para a colaboración na realización dos traballos descritos anteriormente.
- Arranxo de rúas en O Cádavo con motoniveladora nivelado e bacheo, así como outros pequenos arranxos urxentes en vías municipais que poidan surxir.
- Limpeza de camiños de concentración parcelaria.
- Limpeza de camiños municipais, así como realización de bacheos, nivelación, etc. doutras pistas municipais que o precisen.

Anuncio publicado en: Num BOP 270 año 2021 24/11/2021
23/11/2021 08:00:00
12:14:36

PEÓN DE OBRAS E SERVIZOS:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/11/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data24/11/2021

Conteggio pagine28

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930