Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/11/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 16 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 263

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Otero Transformación Maderera S.A. solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O
presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.78341.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lourenzá ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 11 de novembro de 2021.- O xefe do Servizo Territorial de Lugo P.S. 18/08/2021,O xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia-Norte, Néstor Rodríguez Arias.
R. 3259

CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio Información pública Aprobado por Decreto da Alcaldía, do 9 de novembro de 2021 os seguintes padróns correspondentes ao terceiro trimestre de 2020:

Padrón da taxa polo abastecemento de auga, no que se inclúe o canon de auga, taxa de vertedura e dereito de acomentida.

Padrón da taxa por recollida de lixo De conformidade co disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, O Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, e as ordenanzas reguladoras correspondentes, exponse ó publico polo prazo de quince días contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo, a efectos de exame e reclamacións.
Fixase o período de cobro en voluntaria dende o 10 de decembro ata o 10 de febreiro de 2021, ámbolos dous inclusive.
A falta de pagamento no período voluntario no tocante a auga, lixo e dereito de acometida, pasarase ó seu cobro pola vía de constrinximento, coas recargas previstos no artigo 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
E canto ao canon da auga e taxa de vertedura, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia Recurso; Contra o acordo de aprobación dos padróns de abastecemento de auga e recollida de lixo poderá interporse recurso de reposición. O prazo de presentación será un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns ante o Alcalde.

Anuncio publicado en: Num BOP 263 año 2021 16/11/2021
15/11/2021 08:00:00
10:54:26

As obras solicitadas consisten na demolición, construción e ampliación dunha nave para almacén e secadoiro de madeira, no predio con referencia catastral 27027C003004930000DA; na zona de policía do Río Batán; no lugar da Pena, na parroquia de San Xurxo de Lourenzá, no concello Lourenzá Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/11/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data16/11/2021

Conteggio pagine11

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930