Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 23 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 269

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO, MEMORIA HISTÓRICA
Anuncio CONCESIÓN DE PREMIOS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO, DISCIPLINA
AUTOMOBILISMO, ESPECIALIDADE RALLY DE ASFALTO, TERRA OU MONTAÑA E VEHÍCULOS HISTÓRICOS NA
ANUALIDADE 2021

Primeiro. Aprobar a resolución provisional de concesión de premios para deportistas individuais da provincia de Lugo, disciplina automobilismo, especialidade rally de asfalto, terra ou montaña e vehículos históricos na anualidade 2021, de acordo aos criterios de valoración e número de premios e contías previstos nas bases da convocatoria, segundo as especificacións que constan nas listaxes que se achegan anexadas á acta da Comisión de avaliación.
Segundo. O presente acordo de carácter provisional, terá carácter definitivo no caso de finalizar o tramite de audiencia sen que se formulasen alegacións e procederase á publicación no BOP e na paxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org do anuncio correspondente para o seu coñecemento e efectos oportunos.
Terceiro. Notificar o presente acordo provisional aos beneficiarios de acordo ao previsto na base décima da convocatoria, concedéndolles un prazo de dez días para presentar alegacións.
En aplicación do previsto no referido acordo e na base décima.RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓNS das bases da convocatoria, procedeuse á publicación no BOP núm. 247 do mércores, 27 de outubro de 2021 Resolución provisional premios deportistas rallys 2021 páx.1, r. 3078 e na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org, da notificación aos interesados do acordo de resolución provisional, concedéndolles un prazo de dez 10 días contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para que os interesados puideran presentar alegacións.
En consecuencia e en aplicación do indicado, o acordo de carácter provisional de Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 22 de outubro de 2021, terá carácter definitivo por finalizar o tramite de audiencia sen que se formulasen alegacións e procédese á publicación no BOP e na paxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org do anuncio correspondente para o seu coñecemento e efectos oportunos.
Ao abeiro do previsto na base décima.RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓNS das Bases da convocatoria e do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas LPACAP, o acordo de resolución definitiva do procedemento non será obxecto de notificación individualizada, senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP e na páxina web da Deputación de Lugo http www.deputacionlugo.gal.
O que se notifica aos efectos oportunos. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, e de conformidade co previsto na base 21. Réxime de recursos das Bases da convocatoria, e do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosoadministrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da presente publicación no BOP de Lugo, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente publicación no BOP de Lugo.
En caso de optar polo recurso potestativo de reposición non se poderá interpoñer o recurso contenciosoadministrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo.
Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que estime procedente.

Anuncio publicado en: Num BOP 269 año 2021 23/11/2021
22/11/2021 08:00:00
13:41:23

Para os efectos oportunos, en relación á convocatoria de premios para deportistas individuais da provincia de Lugo, disciplina automobilismo, especialidade rally de asfalto, terra ou montaña e vehículos históricos, na anualidade 2021 a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 22 de outubro de 2021, acordou:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data23/11/2021

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930