Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 269 martes, 23 de novembro de 2021

BOP Lugo
prazo para interpoñer o recurso contencioso administrativo será de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que finalice o prazo dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
ANUNCIO DE COBRANZA
O prazo de ingreso, en periodo voluntario, será o comprendido entre o 29 de outubro e o 29 de decembro de 2021, ámbolos dous inclusive. O ingreso do recibo farase na conta restrinxida número ES10 2080 0156
4031 1000 0057, ó nome deste Concello na oficina do Corgo de Abanca.
Os recibos dos titulares que non teñan domiciliado o pago, serán enviados ós seus respectivos domicilios para que fagan o ingreso na conta indicada. As persoas que teñan domiciliado o pago non terán que preocuparse, xa que o Concello remitirá á Caixa a relación de recibos para que se ingrese o seu importe na conta municipal citada.
Vencido o citado prazo en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos temos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio, de acordo co establecido no artigo 161 da citada Lei, procedéndose á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargos do período executivo serán os previstos no artigo 28 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
No caso do canon da auga, según dispón o artigo 49.7 do Decreto 136/2012, de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento de dito canon, cando polos contribuíntes afectados non se fixera efectivo o canon da auga no período voluntario sinalado, esixirase directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, faise saber que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación mediante o padrón.

O Corgo, 16 de novembro de 2021.-O alcalde, Felipe Labrada Reija.
R. 3332

Anuncio Polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 19 de novembro de 2021, prestouse aprobación ao expediente de modificación do orzamento con número 11/2021, de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por un importe total de cento trinta e oito mil euros 138.000,00 euros, cuarto de competencia do Pleno.
Cumprindo o disposto no artigo 177.2 en relación co 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, co fin de que durante o mesmo que se contará a partir do seguinte ao da inserción do edicto no Boletín Oficial da Provincia poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se deberán dirixir ao alcalde-presidente do Concello.
O Corgo, 20 de novembro de 2021.-O alcalde, Felipe Labrada Reija.
R. 3341

FOZ
Anuncio Habéndose aprobado inicialmente por acordo do pleno municipal de data 19 de novembro de 2021 a modificación puntual da RPT de conformidade coa documentación que obra no expediente 1193/2020, sométese o expediente a información pública por prazo de vinte 20 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, durante os cales os interesados poderán examinala e presentar reclamacións ante o Pleno, a tenor do disposto no artigo 202 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia.
A aprobación provisional elevarase a definitiva se durante o citado prazo non se presentaron reclamacións; en caso contrario, deberá ser obxecto de aprobación definitiva polo Pleno, previa resolución das reclamacións, suxerencias ou alegacións presentadas.
Foz, 22 de novembro de 2021.- O ALCALDE, FRANCISCO CAJOTO CASERIO.
R. 3342

Anuncio publicado en: Num BOP 269 año 2021 23/11/2021
22/11/2021 08:00:00
13:41:23

A presente publicación ten o carácter de notificación colectiva, de acordo co establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data23/11/2021

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930