Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/11/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 260 venres, 12 de novembro de 2021

6
7

Investimentos Reais Transferencias de Capital
8 9

Activos Financeiros Pasivos Financeiros
Total
A. 2 Operacións de Capital 1.489.730,18
246.577,93
B.- Operacións financeiras 0,00
0,00
4.975.682,34

BOP Lugo
+ 13.000,00
0,00

1.502.730,18
246.577,93

0,00
0,00
29.500,00

0,00
0,00
5.005.182,34

Modifícase o Anexo das Inversións do vixente Orzamento.
Modifícase o Anexo da Base 13 das Bases de Execución do vixente orzamento, donde figura a relación de subvencións nominativas, incrementando á seguinte:
Club Ciclista Friol NIF G27513951, axuda para a actividade denominada: Primeira ruta ciclista BTT.
O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.
Friol, 8 de novembro de 2021.-O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 3200

PALAS DE REI
Anuncio Unha vez aprobados definitivamente por resolución desta Alcaldía N.º /2021, ditada o 5 de novembro, o padrón e lista cobratoria da taxa pola entrada de vehículos a traveso da beirarrúa, referidos ao exercicio 2021, para os efectos tanto da súa notificación colectiva, nos termos que se deducen do artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, como da submisión dos mesmos a trámite de información pública, por medio deste anuncio expóñense ao público no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro municipal de edictos, por un prazo de quince días hábiles, co fin de que aqueles que se consideren interesados poidan formular todas as observacións, alegacións ou reclamacións que teñan por convenientes.
Contra o acto de aprobación dos devanditos padróns e/ou liquidacións contidas neles poderase interpor un recurso previo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da finalización da exposición pública, de acordo co establecido no artigo 14 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Conforme o establecido no artigo 62.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ponse en coñecemento dos contribuíntes que se procederá ao cobramento en período voluntario da taxa, correspondente ao exercicio tributario 2021, en:
Localidade: Palas de Rei Oficina de recadación: Contas restrinxidas de recadación de ABANCA e de CAIXA RURAL GALEGA en horario das mesmas Prazo de ingreso: do 1 ao 31 de decembro de 2021
Unha vez transcorrido o prazo de ingreso voluntario sen que se satisfaga a débeda, iniciarase o período executivo, de acordo co teor dos artigos 26, 28 e 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o que determinará a esixencia dos xuros de mora, así como a das recargas que correspondan e, se é o caso, das custas do procedemento de constrinximento.
Palas de Rei, 5 de novembro de 2021.- O alcalde, Pablo José Taboada Camoira.
R. 3201

O PÁRAMO
Anuncio Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 2/11/2021, o Padrón de contribuíntes do prezo público do servizo de Axuda no Fogar, na modalidade de libre concorrencia ou prestación básica e de dependencia, correspondente ao mes de OUTUBRO de 2021, polo importe total de 3.343,24€
Por medio do presente exponse ao público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.

Anuncio publicado en: Num BOP 260 año 2021 12/11/2021
11/11/2021 08:00:00
14:11:02

EDICTO DE NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE LIQUIDACIÓNS E ANUNCIO DE COBRANZA

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/11/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data12/11/2021

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930