Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

18

Núm. 164 martes, 20 de xullo de 2021

BOP Lugo
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO Á PRESENTE SOLICITUDE:
-

A presente instancia, debidamente cuberta e asinada.

-

Fotocopia do D.N.I.

-

Fotocopia da titulación esixida Base terceira letra d.

-

No seu caso, documentación acreditativa título exención exame galego.

O Saviñao, 14 de xullo de 2021.- O Alcalde, Juan Carlos Armesto Quiroga.
R. 2171

VIVEIRO
Anuncio Dona MARIA LOUREIRO GARCÍA, Alcaldesa-Presidenta do Excmo. Concello de VIVEIRO.
No Boletín Oficial da Provincia número 119, de 28 de maio de 2021, publica a convocatoria do proceso para a selección de TRES CONDUCTORES MOTOBOMBA, que prestará servizos temporais no Concello de Viveiro, ao amparo do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a participación na Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais 2021. Expte.: 2369/2021.
Vistas as bases xerais e específicas que teñen por obxecto establecer o procedemento de selección a empregos temporais do Concello de Viveiro para prestar servizos no Concello de Viveiro ao amparo do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais 2021.

Tendo en conta que o proceso selectivo responde á urxencia para a contratación de persoal para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais 2021 segundo os prazos estipulados no Convenio de Colaboración polo que se regula e financia esta contratación.
RESOLVO
PRIMEIRO.- Establecer un novo prazo de presentación de solicitudes para a selección de persoal, con carácter temporal, para un posto de un conductor motobomba, de 3 tres días naturais, pola urxente e inaprazable necesidade, contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
SEGUNDO.- Indicar que as bases xerais, anexo e bases específicas polas que se establecen as normas para a selección de tres postos de conductor motobomba, con carácter temporal, para prestar servizos no Concello de Viveiro ao amparo do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais 2021, figuran publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na páxina web municipal www.viveiro.es.
Mándoo e asínoo en Viveiro, á 16 de xullo de 2021.
A Alcaldesa, María Loureiro García, Ante mín, A Secretaria, ós efectos do artigo
3.2 do Real Decreto 128/2018.

María Luz Balsa Rábade.
R. 2177

CONSORCIO PARA A XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA REDE BÁSICA DE
ABASTECEMENTO AOS CONCELLOS DE CERVO E BURELA
Anuncio Formada a conta xeral do exercicio 2020 do Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento de auga aos Concellos de Cervo e Burela cos estados e contas a que se refire o artigo 209 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e as regras 44 a 51 da Instrución do modelo normal de Contabilidade para a Administración Local aprobada por Orde HAP/1781/2013, do 20 de setembro, e informada pola Comisión Executiva en sesión celebrada o 29 de xuño de 2021, exponse ao público, xunto cos documentos que a xustifican, na Intervención do Concello de Cervo dado que a sede do Consorcio se atopa na Praza do Concello s/n de Cervo, por período de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia. Durante dito prazo e oito máis, os interesados lexítimos poderán examinala e formular por escrito as alegacións que estimen pertinentes de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Anuncio publicado en: Num BOP 164 año 2021 20/07/2021
19/07/2021 08:00:00
13:57:49

Tendo en conta que un posto de conductor motobomba está vacante.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data20/07/2021

Conteggio pagine19

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni